Mostrando entradas con la etiqueta yoigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta yoigo. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de enero de 2012

Saldo extra por recagar a túa tarxeta de Yoigo (antes do 29!)



Se es cliente de cartón prepago de Yoigo temos unha boa nova para ti. Por recargar antes do 29 de xaneiro 20 € recibirás 4 € extra e se recargas máis de 30 € o saldo extra será de 8 €.

As recargas teñen que ser feitas dunha sóa vez (non vale 10 + 10) e só se fai a promoción unha vez.

viernes, 16 de diciembre de 2011

R e Yoigo, os mellores valorados en Internet fixo e móbil respectivamente

Un ano máis, a OCU vén de facer públicos os datos da súa enquisa de satisfacción dos usuarios coas súas operadoras, un dos estudos máis exhaustivos e que mellor toman o pulso á situación dos servizos de telecomunicación no noso país e no que se valora a calidade do acceso, da atención ao cliente e, como non, os prezos.

Os resultados demostran que en Internet fixo é un servizo imprescindíbel para a maioría dos enquisados e que os que teñen contratada algunha opción de cable (un 20%) están máis satisfeitos que os que usan ADSL ou as súas variantes.

Entre as diferentes opcións, R é o mellor valorado, seguido de preto por Telecable (cableiro de Asturias) e xa máis distanciado por Jazztel. A cuarta posición deste ranking é para Euskaltel (cableiro de Euskadi), seguido de Ono.

As grandes operadoras teñen peores valoracións que as levan até o máis baixo do top ten, situándose Orange como o oitavo, Movistar como o noveno e Vodafone pechando a listaxe no décimo posto. Este último recibe moitas críticas pola súa atención ao cliente, servizo técnico e relación calidade-prezo.

No que ten a ver coas conexións de datos no móbil destaca Yoigo, aínda que dentro dunha mediocridade xeral. Segundo a xente participante no estudo esta compañía ten unha velocidade de conexión superior e boas notas en atención ao cliente, cobertura e relación calidade-prezo.

Seguen a Yoigo, por esta orde de "ben valorados", Orange, Vodafone e Movistar. A enquisa non recolle outras compañías por ter menos de 30 respostas, o que empobrecía a mostra.

Líderes en prezo

É triste, pero é así: en España non se teñen as mellores conexións de Europa, nin de lonxe, pero si que se teñen as máis caras. De feito, o estudo recolle que se triplican os prezos con respecto aos nosos veciños de Portugal ou Italia. Case nada...

Mostra

A enquisa foi elaborada entre febreiro e abril de 2011 e participaron 5848 socios da OCU, persoas que teñen contratados un ou varios servizos de Internet e pasan unha media de 18 horas/semana conectados.


lunes, 28 de noviembre de 2011

Multitarxeta de datos e tarifas planas: as novidades de Yoigo no seu 5º aniversario


Yoigo vén de cumprir 5 anos e o celebra con novidades nas súas tarifas, adaptándose ao que xa estaban a ofrecer a meirande parte das compañías: ofrecer tarifas planas e incluír o servizo de multitarxeta de datos, para poder conectarnos a Internet desde diferentes dispositivos e un único contrato de datos.

Neste sentido, pagando 3 €/mes por cada tarxeta adicional poderemos compartir a conexión a Internet. Por exemplo, se se ten contratado Internet para llevar 35, que inclúe 5 GB de datos por 35 €/mes, poderíamos contratar até 2 tarxetas SIM adicional para outros dispositivos e compartir Internet (por exemplo unha para a tablet e outra para o pincho USB), pagando 3 €/mes por cada unha.

No que ten a ver coas tarifas planas, Yoigo presentou 3 nova tarifas:
  • La Plana del 20: por 20 €/mes, pódese disfrutar de 300 minutos para chamar a calquera operador a calquera hora, sen pagar establecementos. 
  • La Plana del 30: por 30 €/mes esta tarifa inclúe 360 minutos a calquera operador e hora e 360 MB de datos.
  • La Plana de 55: por 55 €/mes pódese disfrutar de 1200 minutos ao mes a calquera operador e 1,2 GB de datos.
En todos os casos, os minutos adicionais páganse a 12 céntimos, cun establecemento de 15 céntimos.

Todos os prezos amosados nesta entrada non inclúen o IVE, do 18%.

miércoles, 5 de octubre de 2011

Internet móbil de balde con Yoigo se te portas sen terminal (só en outubro)


Yoigo quere premiar aos clientes que se porten á compañía sen vencellar os seus contratos á adquisición dun terminal. Por iso, aquelas altas que se fagan dende o pasado día 3 e até o 31 de outubro terán para sempre 500 MB de Internet de balde, sempre e cando contraten a tarifa do 6.

Isto supón un aforro de 8 €/mes, que é o que custa o Bono 8 promocionado e que inclúe 500 MB a máxima velocidade con redución a 64 kbps ao acadar esa cota de datos.

viernes, 30 de septiembre de 2011

O meu móbil é 7... chega a evolución da numeración móbil


Xa se leva falando dende hai algún tempo da nova numeración de telefonía móbil. Non quere dicir isto que vaian mudar os nosos números de móbil actuais, senón que os novos poderán comezar por 7, debido a que se prevé que a serie do 6 remate dentro de non moito tempo.

Así, a partires de mañá, ao dar de alta unha nova liña pode que xa comece por 7, concretamente por 71, 72, 73 ou 74. E é que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións repartiu entre os operadores 500.000 números en bloques de 100.000.

Nun primeiro momento Movistar dispón dos que comezan por 7170, Vodafone por 7171, Orange 7477 e 7478 e Yoigo os de 7227, aínda que coas altas cifras de portabilidades deste país axiña será imposíbel serguirlles a pista.

viernes, 9 de septiembre de 2011

Móbiles a prazos, nova modalidade de Yoigo


Vodafone e Orange comentaron estes días que comezaban a estar un tanto cansos de subvencionar móbiles porque lles resultaba caro de máis, algo que augura a fin deste reclamo ante a gran competencia das operadoras móbiles virtuais, que veñen pisando forte.

Neste escenario Yoigo acaba de introducir unha nova modalidade de pagamento de terminais, os prazos, que farán posíbel que máis persoas se decidan por un terminal de mellores características. Así, unha vez formalizado o contrato de permanencia e pagada unha cota inicial, no canto de pagar de golpe o que custe o terminal pasaranse a pagar 3 euros cada mes até que remate a permanencia.


Este método novidoso para a adquisición de novos terminais non o é noutros lugares de Europa; nos países nórdicos e en Alemaña o 90% dos terminais adquírense con esta modalidade, o que sen dúbida facilita as cousas a moitos.

Replicarán o resto esta fórmula?

lunes, 8 de agosto de 2011

Yoigo promociona os MMS poñéndoos a metade de prezo durante agosto


Seguramente a meirande parte de vós non usedes nunca ou case nunca os mensaxes multimedia, un servizo que resultou ser un fracaso total por culpa das propias operadoras, que sempre mantiveron prezos arredor dos 0,60 €, algo realmente desorbitado.

Co  auxe dos smartphones o envío de MMS debeu caer en picado, porque se podes enviar as túas fotos de balde por correo electrónico (incluído na túa cota fixa de Inernet), para que pagar máis?

Sen embargo, Yoigo vén de poñer en marcha unha promoción pola cal as mensaxes multimedia enviadas a outros Yoigo sairán á metade de prezo, 0,15 €, durante o mes de agosto. A promoción aplícase automaticamente, non tedes que facer nada a maiores.

viernes, 29 de julio de 2011

R e Vodafone lévanse as frecuencias de móbil en Galicia

22 xornadas e 166 rondas foron necesarias para rematar a adxudicación do espectro que levou a cabo o Ministerio de Industria e na que participaron un total de 11 operadores de telecomunicacións. En total, recaudáronse 1.647.015.126,63 €, cifra bastante inferior aos 2000 millóns de euros que tiña pensado recaudar o Goberno.

As bandas máis baixas, de 800 e 900 MHz só se podían escoller en ámbito estatal, mentres que na de 2,6 GHz os repartos foron estatais e por rexións.

Deste xeito, Movistar, Vodafone e Orange repartíronse a partes igual a banda de 800 MHz, obtendo cada unha 2 bloques de 2x5 MHz.

Na banda de 900 MHz Movistar fíxose cun bloque de 2x5 MHz, tamén de cobertura estatal, mentres que o outro bloque que saíra a poxa nesta banda ficou deserto.

En canto á banda de 2,6 GHz, nos bloques estatais a disputa gañáronna novamente os 3 operadores máis grandes. Así, Movistar e Orange quedáronse con 2 bloques de 2x10 MHz e Vodafone con 3 de 2x10 MHz.

No que ten a ver cos bloques rexionais de 2x5 MHz todas foron a caer a Vodafone. Sen embargo, os bloques de 2x10 MHz quedaron repartidas do seguinte xeito:
  • R: Galicia.
  • Telecable: Asturias
  • Euskaltel: Euskadi
  • Jazztel: Andalucía, Aragón, Illes Balears, Islas Canarias, Castilla y León
  • Ono: Cantabria, Catalunya, Comunitat Valenciana, Madrid, Murcia, Navarra, La Rioja, Ceuta, Melilla
  • TelecomCLM: Castilla La Mancha
O bloque de Extremadura de 2x10 MHz quedou deserto.

Así, en Galicia R poxou por un total de 1.017.616,22 € (prezo de saída: 594.979,08 €) para facerse cun bloque de 2x10 MHz na banda de 2,6 GHz, mentres que Vodafone gañoulle a batalla no bloque de 2x5 MHz nesa mesma banda, acando os 6.075.448,31 € (prezo de saída: 297.489,54 €).

Ábrese agora un novo escenario na telefonía móbil do Estado, coa chegada de operadores fixos que se fan móbiles completos. Faran unha unión de pequenos para ter o quinto gran operador a nível infraestrutura?

martes, 19 de julio de 2011

Yoigo ofrece Internet de balde durante o verán


Yoigo ofrece este verán unha solución de conexión en mobilidade, ofrencendo 500 MB/mes de balde que unha vez acabados reducen a velocidade até os 64 Kbps.

Iso si, esta promoción está dispoñíbel para navegar durante 2 meses gratuitamente e con USB de regalo. Iso si, pasados os dous meses de promoción hai que cumplir 16 meses de permanencia, pagando 8 €/mes.

Vía

martes, 12 de julio de 2011

Saldo extra con Yoigo por recargar (até o 14 de xullo)


Os clientes de Yoigo que efectúen recargas até o 14 de xullo, de calquera xeito, recibirán gratuitamente saldo extra. Concretamente, recibirán as seguintes cantidades:

  • Por 20 €, 5 € de agasallo.
  • Por 30 €, 10 € de agasallo.
  • Por 50 €, 20 € de agasallo.

viernes, 24 de junio de 2011

Yoigo baixa as súas tarifas en itinerancia

A operadora Yoigo vén de anunciar unha rebiaxa nos prezos das tarifas de roaming a nível europeo, que será efectivo a partires do vindeiro 1 de xullo.

Así, as chamadas a outros países da Unión Europea (agás España) estando fóra pasarán a custar 23 cént/min (son 4 cént/min menos). Pola súa banda, as chamadas recibidas pasan a custar 11 cént/min.

Os lugares incluídos nesta rebaixa (países e zonas) son: Alemaa, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Mónaco, Reunión, Martinica, Guayaba Francesa, Guadalupe, Xibraltar, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, San Marino, Letonia, Luechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía e Suecia.

martes, 21 de junio de 2011

Yoigo terá servizo Blackberry en breve


O que é até o momento o cuarto operador con rede propia de España, Yoigo, contará en breve con servizo Blackberry, algo que os usuarios dos terminais RIM levaban tempo pedindo.

A falta de confirmación oficial por parte da compañía, que se espera que se formalice en breve, o certo é que xa está operativa a páxina de configuración do servizo BIS (BlackBerry Internet Service) en http://yoigo.blackberry.com

viernes, 27 de mayo de 2011

Yoigo ampliou até 30 destinos o seu servizo de chamadas IP

Durante o MWC Yoigo anunciou un novidoso servizo grazas ao cal os clientes poderían chamar a varios destinos internacionais a prezos moi económicos, dende os 4 céntimos/minuto, baseándose no uso de telefonía IP.

Calquera cliente de Yoigo, con independencia do terminal que teña e de ser de cartón prepagamento ou contrato, pode facer uso deste servizo, sen ter que darse de alta nin nada polo estilo. Simplemente debe marcar dous asteriscos (**) antes do número en formato internacional.

Ante o éxito que colleitou este servizo dende o seu lanzamento, o cuarto operador con rede propia de España vén de anunciar que continúan as probas polo menos durante outros 3 meses máis, ampliando a listaxe de países incluídos, que chegan xa á trintena, quedando como segue:
  • Chamadas a 4 cént/min: Noruega, Suecia, Reino Unido, Venezuela, Perú, Alemaña.
  • Chamadas a 4,5 cént/min: China, Francia, Holanda, Portugal, Italia, Bélxica, Polonia.
  • Chamadas a 5 cént/min: Marrocos.
  • Chamadas a 5,5 cént/min: Romanía, Rusia.
  • Chamadas a 5 cént/min: Arxentina.
  • Chamadas a 6,5 cént/min: Chile, República Dominicana, Xeorxia.
  • Chamadas a 7 cént/min: Colombia.
  • Chamadas a 7,5 cént/min: Paraguai.
  • Chamadas a 8 cént/min:Uruguai.
  • Chamadas a 8,5 cént/min: Paquistán, Bulgaria.
  • Chamadas a 10 cént/min: Arxelia.
  • Chamadas a 10,5 cént/min: Bolivia.
  • Chamadas a 13,5 cént/min: Ucrania.
  • Chamadas a 14,5 cént/min: Ecuador

martes, 24 de mayo de 2011

Yoigo fará tarifas de datos específicas para compartir entre varios dispositivos


Xa temos comentado máis dunha vez que coa de gadgets que temos que precisan dunha SIM de datos, algo terán que facer as operadoras para que non paguemos de máis e por cousas que non consumimos.

Por exemplo, R xa ofrece este servizo aos seus clientes de empresa e todo parece indicar que non ha tardar moito e facelo tamén para particulares. Pero desta vez é Yoigo que anunciou que está a traballar no deseño de tarifas específicas para usuarios que teñan estas necesidades.

Esperemos que pouco a pouco as compañías vaian aceptando o presente e non fiquen atrás ante o avance da sociedade. Polo menos, sempre poderemos mudar de compañía...

viernes, 20 de mayo de 2011

TeliaSonera, matriz de Yoigo, unifica a súa imaxe

Baixo o lema 'One Company, one brand', matriz de Yoigo, TeliaSonera, vén de unificar a imaxe de 18 marcas arredor do mundo, inda que esa unificación non inclúe á española.

As compañías implicadas neste proceso son Netcom and NextGenTel (Noruega), Telia (Dinamarca), Telia (Suecia), Sonera (Finlandia), EMT e Elion (Estonia), Omnitel (Lituania), TeliaSonera, TeliaSonera Finans, Telia Sonera International Carrier, Kcell (Kazakistan, Geocell (Xeorxia), Ncell (Nepal), Tcell (Tajikistan), Azercell (Azerbaijan), Molcell (Moldavia) e Ucell (Uzbekistan).

viernes, 22 de abril de 2011

Entrevista a Johan Andsjo

Bloomberg vén de publicar unha entrevista a Johan Andsjo, CEO de Yoigo, na que fala da estratexia de crecemento da compañía.



jueves, 24 de marzo de 2011

4 anos de Yoigo en 6 minutos

Yoigo vén de facer un vídeo que recorre a historia da compañía en 6 minutos, dende a licitación da rede a Xfera até a actualidade, recoñecendo erros e acertos, algo que me gustou moito.



miércoles, 16 de marzo de 2011

As operadoras colaboran con Xapón


As operadoras veñen de poñer en marcha os chamados "números solidarios", iniciativas previstas para casos de emerxencia como o de Xapón, pensados para facilitar a colaboración de todos os usuarios.

Así, os clientes de calquera operadora poden colaborar enviando un sms coa palabra JAPON ao 28077, cuxo custe é de 1,2 €/sms, que irán destinados integramente á Cruz Vermella para esta emerxencia.

Os clientes de Vodafone poden facer exactamente o mesmo, pero deberán enviar o sms ao 28052 coa palabra CRE, mentres que os de Yoigo deberán facer enviar CRE ao 28066.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Multa a Yoigo por apropiarse do saldo dos seus clientes prepago

Yoigo vén de ser multada pola Comunidade de Madrid despois dunha denuncia da asociación de consumidores Facua, por quedarse co saldo dos usuarios de cartón prepago que non realizaban recargas nun determinado período de tempo.

A multa ascende a 9.200 euros, inda que o operador ten anunciado a súa intención de recorrer a multa, xa que considera que nas condicións de contrato xa se contempla a baixa das liñas sen devolución dos cartos cando non se realiza ningunha recarga en 9 meses.

Que pensades? O cliente ten sempre a razón?