Mostrando entradas con la etiqueta promocións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta promocións. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de enero de 2012

Saldo extra por recagar a túa tarxeta de Yoigo (antes do 29!)



Se es cliente de cartón prepago de Yoigo temos unha boa nova para ti. Por recargar antes do 29 de xaneiro 20 € recibirás 4 € extra e se recargas máis de 30 € o saldo extra será de 8 €.

As recargas teñen que ser feitas dunha sóa vez (non vale 10 + 10) e só se fai a promoción unha vez.

jueves, 12 de enero de 2012

R renova a súa promoción "amigos R"


Está claro que nun mercado con tanta alternativa en canto a operadores, o que funciona é o boca a boca: non hai mellor publicidade ca un cliente contento que vaia falando marabillas do seu operador de telecomunicacións.

Por iso desde R veñen de reeditar a promoción amigos R, pero dándolle un enfoque diferente a como era até o de agora. A saber:
  • Os clientes de calquera Combo que conviden a un amigo a que contrate un Combo con R recibirán 50 € de desconto na cota do Combo, repartidas en 2 mensualidades de 25 €. O novo cliente de R tamén resulta beneficiado, aplicándoselle a promoción de benvida durante 2 facturas máis.
  • Os clientes de móbilR que conviden a alguén a facerse de móbilR recibirán 45 € de gratificación no consumo mínimo, repartido en 5 facturas a razón de 9 € de desconto por factura. O cliente recomendado recibirá 18 € de desconto, repartidas en 2 facturas a razón de 9 €/factura.
Esta promoción é exclusiva para a web. Podedes achar máis información neste enlace.

martes, 29 de noviembre de 2011

Vodafone presenta a súa promoción de Nadal


Como vén sendo habitual nos últimos anos, as operadoras aproveitan datas especiais como o verán ou o Nadal para sacar promocións puntuais e tratar de coller novos clientes.

A primeira operadora en dar a coñecer a súa promoción é Vodafone, que este ano aposta por dobrar o número de minutos, sms e MB que inclúe nas súas tarifas de "@ talla". Malia todo, esta promoción non será válida para todo o mundo, só para as novas altas, migracións e portabilidades realizadas entre o 10 de decembro e o 31 de xaneiro. 

Sen embargo a duración da promoción exténdese até o 31 de marzo

viernes, 7 de octubre de 2011

Jazztel premia as recomendacións cunha Galaxy Tab 10.1 sen sorteos


Facerse cunha tablet nunca foi tan doado: Jazztel vén de inaugurar unha promoción pola cal se un cliente recomenda a tres amigos que se pasen á compañía (e estes se pasan) recibirá unha Galaxy Tab 10.1, un dispositivo que lles gusta moito aos colegas de Mallando no Android.

Mais non só iso por cada cliente que se leve, o cliente que convide recibirá 60 € de desconto en facturas, polo que se leva 3 clientes recibirá 180 € e a tablet. Os amigos que se porten a Jazztel da súa parte recibirán 30 € de desconto tamén.

As condicións desta promoción son moi sinxelas:
  • Limítase a 1000 unidades da Galaxy Tab, para os 1000 primeiros clientes.
  • Os amigos teñen que se portar antes do 31 de decembro e permanecer, cando menos, até o 31 de xaneiro como clientes.