Mostrando entradas con la etiqueta multa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta multa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de junio de 2011

Vodafone: multada por problemas coas portabilidades

A operadora Vodafone foi sancionada pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) ao cometer unha infración moi grave no tratamento das portabilidades.

Así, os clientes da compañía vermella que solicitaban a portabilidade dos seus números a outras operadoras sufrían retrasos por mor da non aplicación das modificacións do procedemento de cambio de número entre compañías. Isto, segundo a CMT, desembocou en que as compañías receptoras dos números tiveron problemas que afectaron á súa propia imaxe cando non tiñan culpa.

A contía da multa ascende a 250.000 euros, bastante reducida se temos en conta que se partía dunha proposta inicial de 500.000. Isto débese a que a CMT entendeu que estas eivas non foron coa intención de reter clientes, feito que se se constatase faría o problema moito máis grave e, polo tanto, máis sancionábel.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Multa a Yoigo por apropiarse do saldo dos seus clientes prepago

Yoigo vén de ser multada pola Comunidade de Madrid despois dunha denuncia da asociación de consumidores Facua, por quedarse co saldo dos usuarios de cartón prepago que non realizaban recargas nun determinado período de tempo.

A multa ascende a 9.200 euros, inda que o operador ten anunciado a súa intención de recorrer a multa, xa que considera que nas condicións de contrato xa se contempla a baixa das liñas sen devolución dos cartos cando non se realiza ningunha recarga en 9 meses.

Que pensades? O cliente ten sempre a razón?