Mostrando entradas con la etiqueta cartón prepago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cartón prepago. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de enero de 2012

Saldo extra por recagar a túa tarxeta de Yoigo (antes do 29!)



Se es cliente de cartón prepago de Yoigo temos unha boa nova para ti. Por recargar antes do 29 de xaneiro 20 € recibirás 4 € extra e se recargas máis de 30 € o saldo extra será de 8 €.

As recargas teñen que ser feitas dunha sóa vez (non vale 10 + 10) e só se fai a promoción unha vez.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Vodafone lanza as tarifas Gatuitas (cartón prepago)


Dende hoxe pódense contratar novas tarifas de Vodafone pensadas para o público de cartón prepago, estamos a falar dos Gatuitos, que ofrecen complementos gratuítos só por recargar.

Existen 3 tipos de beneficios:
  • 60 sms a calquera destino e 60 MB gratuítos.
  • 60 minutos en chamadas a Vodafone e fixos, as 24 horas e sen establecemento de chamada.
  • 30 minutos en chamadas internacionais, as 24 horas e sen establecemento de chamada.
Para conseguir estas tarifas hai que facerse cunha tarxeta SIM (dispoñíbeis dende 1 €) ou un pack Vodafone prepago Gatuíto. Iso si, os beneficios obtéñense cando se fai unha recarga de 10 € ou máis e permanecen activos durante un mes despois da recarga.

Os clientes actuais poden activar este tipo de tarifa marcando *734#

miércoles, 27 de julio de 2011

Vodafone regala 12 € de saldo por renovar o móbil en prepago


Non sempre son esquecidos. E é que os clientes de cartón prepago teñen moitas veces esa sensación de inferioridade, ao non ter tantos beneficios como os de contrato.

Por iso Vodafone fixo unha promoción para este verán orientada a este tipo de usuarios, poñendo ao seu dispór unha gama de terminais polos que poderán adquirir polo mesmo prezo que os novos clientes. Mais as vantaxes non quedan aí, porque recibirán un extra de 12 € de saldo nas súas tarxetas, que non vai asociado a ter que facer recargas nin nada: só por mudar de móbil.

Entre os terminais da lista están o Nokia 1800 (por 19 €), o Huawei G6620 (por 39 €) ou o Vodafone Smart, que é Androide (por 69 €)

martes, 12 de julio de 2011

Saldo extra con Yoigo por recargar (até o 14 de xullo)


Os clientes de Yoigo que efectúen recargas até o 14 de xullo, de calquera xeito, recibirán gratuitamente saldo extra. Concretamente, recibirán as seguintes cantidades:

  • Por 20 €, 5 € de agasallo.
  • Por 30 €, 10 € de agasallo.
  • Por 50 €, 20 € de agasallo.

lunes, 20 de junio de 2011

MÁSmovil presenta unha nova tarifa de prepago


A operadora virtual MÁSmovil vén de mover ficha despois dos anuncios de tarifas low cost por parte de Vodafone, Movistar e Orange. Así, a operadora amarela inclúe no seu catálogo unha nova tarifa de cartón prepago que permite facer chamadas a 5 céntimos.

Malia todo, esta tarifa ten truco, xa que ese prezo por minuto manterase sempre e cando se teña un consumo de 10 € ao mes ou se faga unha recarga por ese mesmo importe. 

De non facer nada diso, o prezo será de 8 céntimos/minuto cun consumo mínimo de 4 €/mes.

martes, 10 de mayo de 2011

Orange lanza xunto a Nickelodeon o móbil de Bob Esponxa (edición limitada).


Se sodes seareiras ou seareiros de Bob Esponxa, estades de parabéns. E é que Nickelodeon e Orange veñen de poñer no mercado o segundo terminal con edición especial de Bob Esponxa, tras o éxito colleitado polo seu predecesor nas pasadas festas de Nadal.

Trátase dunha edición especial do Alcatel One Touch 355 un terminal con teclado qwerty e cuxas características reúnen todos eses aspectos demandados a un terminal hoxe en día: cámara, radio e mp3.

E que fai a este terminal exclusivo? Pois que conta coa carcasa exterior de Bob Esponxa, alén doutros aspectos como as animacións de acendido/apagado, 2 fondos de mantalla co Fondo Bikini e 2 tons de chamada.

Está dispoñíbel a través de Orange, Carrefour e Alcampo, a partires de 0 € en contrato e 39 € en cartón prepago.

viernes, 6 de mayo de 2011

Tu, a operadora de Tuenti, terá un bono de 500 MB de datos por


A operadora Tu, a operadora vencellada á rede social Tuenti e matriz de Movistar, vén de comunicar que comercializará un bono de 500 MB de datos por 9,9 € (IVE incluído).

Esta operadora traballa en prepago e só poden facerse clientes aquelas persoas que, sendo membros da rede social, reciban un convite dun amigo.

jueves, 14 de abril de 2011

Movistar ofrece bonos de 30 minutos por 3 € en prepago


Movistar ten activa unha promoción pola cal os seus clientes de cartón prepago poderán disfrutar de 30 minutos mensuais por 3 € (o minuto sae a 10 céntimos).

Isto supón un aforro importante para os clientes de cartón prepago da compañía que pagan prezos de até 38 cént/min, inda que haxa moitas operadoras virtuais que teñen reducido eses prezo até os 5.

A promoción fica activa até o 21 de xuño e pode contratarse dende esta páxina.

martes, 12 de abril de 2011

Vodafone apúntase ao 'low cost' e presenta unha tarifa con chamadas a 8 céntimos en cartón prepago

Vodafone vén de presentar a nova tarifa XS8, grazas á cal os seus clientes de cartón prepago poderán chamar por 8 céntimos/minuto e enviar sms por tamén 8 céntimos, a calquera destino sen ter que pagar cotas de alta nin mensuais.

Iso si, para poder desfrutar desta tarifa deberán facer unha recarga de, cando menos, 10 €. A partires do momento da recarga terá esa tarifa do 8 durante os seguintes 30 días. No caso de non facer a recarga, ou se esta é inferior a 10 euros, a tarifa será de 15 céntimos/minuto.

Na modalidade de contrato, a tarifa ten vencellado un consumo mínimo de 8 €/mes.




Tarifa XS8 + datos en prepago

Os clientes de cartón prepago que desexen - alén de falar a un prezo axustado - conectarse a Internet dende os seus terminais, poderán activar a Tarifa Plana de Internet Ilimitada que por 3,5 €/semana ofrece 20 MB/día a máxima velocidade.

Terminais

Ademais, para promocionar esta nova tarifa, Vodafone vén de lanzar novos packs de terminais prepagamento, como o Nokia 2720, o Sony Ericsson Spiro e o Samsung C3050 por 39 €.

domingo, 3 de abril de 2011

Chamadas e sms ilimitados de balde con Tu


Hai uns meses soubemos das intencións da rede social Tuenti, unha vez adquirida por Movistar. Nacía así Tuenti Móvil, que aos poucos días pasaría a chamarse simplemente Tu.

Malia que xa leva algún tempo en funcionamento, o certo é que son moi poucos os privilexiados que teñen acceso á mesma, xa que até o de agora úsase un restritivo sistema de convite. Malia iso, as últimas informacións apuntan á liberación de 3.500 convites a usuarios, que contarán á súa vez con convites, co que pretenden chegar aos 50.000 clientes nun breve espazo de tempo.

A tarifa coa que a compañía pretende achegarse aos usuarios incluirá, por 10 euros mensuais, facer chamadas e enviar sms ilimitados con outros clientes da compañía, sen cobrar o establecemento de chamada a parte. Así mesmo, tamén se poderá navegar todo o que se queira pola rede social.

Vía TreceBits

jueves, 31 de marzo de 2011

As novas tarifas de navegación prepago de Orange, tamén para BlackBerry


Orange segue apostando polo cartón prepago, e co éxito das BlackBerry non quere quedar atrás. Por iso, vén de habilitar a tarifa Delfín en prepagamento para BlackBerry.

Con esta tarifa, os usuarios disfrutarán de acceso ilimitado a Internet (50 MB/semana a alta velocidade, logo 128 Kbps), 50 sms/semana e chamadas a 9 cént/min a calquera destino por 3,5 €/semanais.

As tarifas Delfín son unha boa disculpa para aqueles clientes que non se queiran vencellar a un contrato, pero que non por ilo teñan que renunciar a disfrutar dun smartphone.