Mostrando entradas con la etiqueta tuenti móvil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tuenti móvil. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de febrero de 2012

Tuenti saca a lingua e revoluciona as tarifas móbiles españolas



Hai uns cantos anos Vodafone lanzou unha campaña co lema Lembras? no que facía fincapé en como nos cambiou a vida coa telefonía móbil. Se esa campaña se volvera facer hoxe en día o "lembras" sería un Lembras cando pagamas 40 pesetas por minuto? 

Desde a chegada das OMV os prezos da telefonía móbil e dos datos móbiles reducíronse drásticamente, chegando a apenas 3 céntimos por minuto en moitos casos e tarifas de pouco máis de 10 € por 1 GB de datos móbiles.

Se pensabamos que esta guerra estaba para rematar estabamos trabucados, xa que hoxe Tuenti vén de poñer patas para arriba o mercado español co lanzamento dos seus novos produtos móbiles.


Para comezar cambia o seu nome comercial, que pasa de ser Tu a ser Tuenti Móvil, un movemento na liña de identificar dun xeito claro a marca de móbil coa rede social matriz da compañía telefónica low cost. Iso si, segue usando a rede móbil de Movistar, empresa á que maioritariamente pertence Tuenti.

Pero onde realmente está a revolución é nas súas novas tarifas e na integración coa rede social. En canto ás tarifas, a oferta segue sendo de cartón prepago sen consumo mínimo ou contrato de permanencia.

O prezo das chamadas pasa a ser de 3 céntimos/minuto, con 15 de establecemento de chamada, chamemos a quen chamemos e á hora que chamemos. Se ademais queremos navegar por Internet poderemos disfruar de 1 GB por 6 €/mes ou 3 GB por 15 €/mes, ou o que é o mesmo, a mellor tarifa até o de agora en Internet móbil no noso país.

Doutra banda, a integración coa rede social pasa a ser tal que poderemos chamar aos nosos amigos da rede que tamén teñan Tuenti Móvil sen necesidade de ter intercambiado os números de teléfono, é dicir, polo nome.

Que vos parecen estes cambios?

Máis info

lunes, 19 de septiembre de 2011

Tu xa ten plans de contrato


Tu, a operadora móbil de Tuenti, xa ten tarifas de contrato, con plans sinxelos de entender e con moitas vantaxes para chamadas e mensaxes entre membros da mesma operadora. Así distingue os plans segundo o prezo e segundo se colla a tarifa asociada a un terminal ou non.

Se collemos asociadao a terminal teremos as tarifas Plan 10, Plan 20, Plan 30 e Plan 40, por 10, 20, 30 ou 40 €/mes respectivamente.

Inclúen  o seguinte:
  • Plan 10: 3000 minutos e 3000 sms a outros Tu, chamadas ao reso a 15 cént/min e sms a 10 cént. Navegación ilimitada por Tuenti.com e resto por 8 cént/MB.
  • Plan 20: 3000 minutos e 3000 sms a outros Tu, 100 minutos e 100 sms a outros móbiles, navegación ilimitada por Tuenti.com e 100 MB (resto 8 cént/MB).
  • Plan 30: 3000 minutos e 3000 sms a outros Tu, 250 minutos e 100 sms a outros móbiles, navegación ilimitada por Tuenti.com e 250 MB (resto 8 cént/MB).
  • Plan 40: 3000 minutos e 3000 sms a outros Tu, 500 minutos e 100 sms a outros móbiles, navegación ilimitada por Tuenti.com e 500 MB (resto 8 cént/MB).
No caso de coller só SIM, sen terminal, existen 4 plans coas mesmas condicións que os anteriores pero que cambian o nome e o prezo: o equivalente ao Plan 10 sería Plan 5 por 5 €/mes... e así con todos: Plan 15 (15 €/mes), Plan 25 (25 €/mes) e Plan 35 (35 €/mes).

Cómpre sinalar que con ningunha chamada hai establecemento de chamada, xa sexa a Tu ou a outros operadores

De querer ter máis datos incluídos pódense coller bonos de Internet móbil de 250 MB (por 5 €/mes) ou de 500 (por 8 €/mes).

Doutra banda, a gama de terminais que existen na tenda de Tu é moi ampla, incluíndo moitos androides.


lunes, 23 de mayo de 2011

Tu tienda, a tenda de móbiles de Tuenti


Tu, o operador móbil virtual de Tuenti vén de abrir tenda online na que podemos atopar varios terminais e tarxetas SIM, entre os que nos atopamos dende o iPhone 4 por 599 € a dispositivos Android, como o Desire S por 389 €, entre outros..

Todos eles véndense libres e, malia que a información é escasa, poderíase dicir que o prezo é sen permanencia de ningún tipo, xa que por exemplo o iPhone sae máis caro que mercalo directamente en Apple.

Tu permite, polo de agora, rexistrarse a clientes que teñan recibido un convite a través da rede social (e que non son moitos polo de agora), que á súa vez poderán convidar a 5 novos amigos.

viernes, 6 de mayo de 2011

Tu, a operadora de Tuenti, terá un bono de 500 MB de datos por


A operadora Tu, a operadora vencellada á rede social Tuenti e matriz de Movistar, vén de comunicar que comercializará un bono de 500 MB de datos por 9,9 € (IVE incluído).

Esta operadora traballa en prepago e só poden facerse clientes aquelas persoas que, sendo membros da rede social, reciban un convite dun amigo.

domingo, 3 de abril de 2011

Chamadas e sms ilimitados de balde con Tu


Hai uns meses soubemos das intencións da rede social Tuenti, unha vez adquirida por Movistar. Nacía así Tuenti Móvil, que aos poucos días pasaría a chamarse simplemente Tu.

Malia que xa leva algún tempo en funcionamento, o certo é que son moi poucos os privilexiados que teñen acceso á mesma, xa que até o de agora úsase un restritivo sistema de convite. Malia iso, as últimas informacións apuntan á liberación de 3.500 convites a usuarios, que contarán á súa vez con convites, co que pretenden chegar aos 50.000 clientes nun breve espazo de tempo.

A tarifa coa que a compañía pretende achegarse aos usuarios incluirá, por 10 euros mensuais, facer chamadas e enviar sms ilimitados con outros clientes da compañía, sen cobrar o establecemento de chamada a parte. Así mesmo, tamén se poderá navegar todo o que se queira pola rede social.

Vía TreceBits