Mostrando entradas con la etiqueta jazztel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta jazztel. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de octubre de 2011

Jazztel premia as recomendacións cunha Galaxy Tab 10.1 sen sorteos


Facerse cunha tablet nunca foi tan doado: Jazztel vén de inaugurar unha promoción pola cal se un cliente recomenda a tres amigos que se pasen á compañía (e estes se pasan) recibirá unha Galaxy Tab 10.1, un dispositivo que lles gusta moito aos colegas de Mallando no Android.

Mais non só iso por cada cliente que se leve, o cliente que convide recibirá 60 € de desconto en facturas, polo que se leva 3 clientes recibirá 180 € e a tablet. Os amigos que se porten a Jazztel da súa parte recibirán 30 € de desconto tamén.

As condicións desta promoción son moi sinxelas:
  • Limítase a 1000 unidades da Galaxy Tab, para os 1000 primeiros clientes.
  • Os amigos teñen que se portar antes do 31 de decembro e permanecer, cando menos, até o 31 de xaneiro como clientes.

viernes, 29 de julio de 2011

R e Vodafone lévanse as frecuencias de móbil en Galicia

22 xornadas e 166 rondas foron necesarias para rematar a adxudicación do espectro que levou a cabo o Ministerio de Industria e na que participaron un total de 11 operadores de telecomunicacións. En total, recaudáronse 1.647.015.126,63 €, cifra bastante inferior aos 2000 millóns de euros que tiña pensado recaudar o Goberno.

As bandas máis baixas, de 800 e 900 MHz só se podían escoller en ámbito estatal, mentres que na de 2,6 GHz os repartos foron estatais e por rexións.

Deste xeito, Movistar, Vodafone e Orange repartíronse a partes igual a banda de 800 MHz, obtendo cada unha 2 bloques de 2x5 MHz.

Na banda de 900 MHz Movistar fíxose cun bloque de 2x5 MHz, tamén de cobertura estatal, mentres que o outro bloque que saíra a poxa nesta banda ficou deserto.

En canto á banda de 2,6 GHz, nos bloques estatais a disputa gañáronna novamente os 3 operadores máis grandes. Así, Movistar e Orange quedáronse con 2 bloques de 2x10 MHz e Vodafone con 3 de 2x10 MHz.

No que ten a ver cos bloques rexionais de 2x5 MHz todas foron a caer a Vodafone. Sen embargo, os bloques de 2x10 MHz quedaron repartidas do seguinte xeito:
  • R: Galicia.
  • Telecable: Asturias
  • Euskaltel: Euskadi
  • Jazztel: Andalucía, Aragón, Illes Balears, Islas Canarias, Castilla y León
  • Ono: Cantabria, Catalunya, Comunitat Valenciana, Madrid, Murcia, Navarra, La Rioja, Ceuta, Melilla
  • TelecomCLM: Castilla La Mancha
O bloque de Extremadura de 2x10 MHz quedou deserto.

Así, en Galicia R poxou por un total de 1.017.616,22 € (prezo de saída: 594.979,08 €) para facerse cun bloque de 2x10 MHz na banda de 2,6 GHz, mentres que Vodafone gañoulle a batalla no bloque de 2x5 MHz nesa mesma banda, acando os 6.075.448,31 € (prezo de saída: 297.489,54 €).

Ábrese agora un novo escenario na telefonía móbil do Estado, coa chegada de operadores fixos que se fan móbiles completos. Faran unha unión de pequenos para ter o quinto gran operador a nível infraestrutura?

martes, 7 de junio de 2011

Jazztel volve promocionar o seu ADSL a 19,95 €... e regala datos móbiles


Jazztel vén de anunciar unha nova oferta para os seus clientes, cuxo prezo mensual de Internet quedará en 19,95 €/mes até setembro de 2012.

Pero ademais os usuarios poderán elixir 2 opcións a maiores: disfrutar da primeira mensualidade sen pagar nadaou de datos móbiles gratuítos (250 MB a máxima velocidade, logo descenso da mesma a 128 kbps).

Esta promoción aplícase á conexións de 6, 12, 20 e 30 megas. Non olvidemos que hai que sumarlle a ese prezo o da cota de liña (14,95 €).

martes, 19 de abril de 2011

Jazztel subirá a cota de liña


A operadora de ADSL Jazztel ten previsto incrementar un euro a cota de liña, situándose nos 14,95 € (17,64 con IVE), situándose entre as compañías con esta cota de liña máis cara.

Isto contrarresta os beneficios que anunciabamos hai uns días, cos cales engaden máis chamadas a móbiles.

jueves, 7 de abril de 2011

Jazztel incluirá nos seus produtos até 120 de minutos de chamadas a móbiles


A operadora Jazztel vén de anunciar que a partires do 15 de abril engadirá minutos en chamadas a móbiles dentro das súas ofertas de ADSL. Concretamente, 60 minutos, que no caso dos clientes que leven máis de 2 anos na compañía se convertirán en 120.

Para activalos, os clientes deben dirixirse ao espazo de clientes na web da compañía, iso si, a partires do 15 de abril.

Parece que todas as compañías van actualizando os seus servizos conforme á competencia. Non nos extrane se dentro de pouco vemos tarifa plana en chamadas internacionais, xa que é un produto incluído nas ofertas das operadoras extranxeiras.

viernes, 18 de marzo de 2011

Jazztel lanzará ofertas de 12 megas


Todo parece indicar que Jazztel presentará nos vindeiros días unha nova modalidade de ADSL a  12 Mbps, co fin de ofrecer unha aproximación de velocidade máis real a aqueles clientes que tiñan a súa famosa cobertura "até 20 Mbps".

Os novos 12 Mbps de Jazztel custarán 27,95 €/mes, incluíndo tráfico ilimitado e chamadas a fixos (aos que lles hai que sumar os 13,95 €/mes de liña), o que supón unha rebaixa de 2 € sobre o produto estrela da compañía, os 20 Mbps.

Así, todo parece indicar que este movemento é unha estratexia para contentar á xente que tiña contratados "até 20 Mbps" e non recibía máis aló dos 10.