Mostrando entradas con la etiqueta tv. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tv. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de enero de 2012

R publica o calendario de activación do VOD


Non hai moito tempo tivemos a oportunidade de probar os servizos Rebobina e o VOD propiamente dito de R, a operadora galega de fibra óptica.

Agora, desde R veñen de publicar o calendario de activación do servizo de VOD por zonas. Serán o seguintes días:
  • 31 de xaneiro: Pontevedra e A Coruña.
  • 16 de febreiro: Vigo, Santiago e Ourense.
  • 23 de febreiro: resto de concellos.

miércoles, 13 de julio de 2011

R incorpora á súa grella de televisión Canal Rías Baixas


R incorporou onte unha nova canle de televisión á súa grella, Canal Rías Baixas, continuando así coa incorporación das emisións locais que xa tiñan o seu oco (Localia Vigo, Localia Coruña, Telemiño, CorreoTV e Telelugo).

Así, Canal Rías Baixas estará accesíbel no dial 134 da televisión multicanle.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Orange leva 100 megas simétricos aos nosos veciños asturianos

Os nosos veciños asturianos xa poden contratar 100 megas simétricos para voar pola rede grazas á comercialización dos novos produtos de fibra que ofrece Orange tras o acordo ao que chegou a operadora laranxa con GIT, Gestión de Infraestructuras de Telecomunicaciones del Principado de Asturias, unha empresa 100% pública encargada da xestión dunha rede de fibra pública e neutra.

A oferta de Orange, dispoñíbel en máis de 52.000 fogares distribuídos en 46 poboacións, consistirá no triple play, é dicir, teléfono, internet e televisión. Ofertaranse 100 Mb, 60 canles de televisión e teléfono por 30,95 €/mes aos que hai que sumar 14 €/mes de cota de liña.

miércoles, 4 de mayo de 2011

O Vídeo Baixo Demanda chega a R #tv_R


Cantas veces non che pasaría aquilo de estar vendo unha peli na tele e que de repente soe e o teléfono e... alá foi a peli. Pois dentro de moi pouco, problemas coma estes serán cousa do pasado.

A operadora galega R vén de presentar esta mañá un novo servizo de valor engadido que os clientes viñan reclamando dende hai moito tempo: o Vídeo Baixo Demanda. Trátase dun novo sistema polo cal os usuarios terán acceso a gran cantidade de contidos dun catálogo ofrecido pola propia operadora así como tamén a emisións pasadas da televisión. Resumindo, podemos elixir que ver e o mellor de todo, cando velo.

Tratemos pois de respostar algunhas cuestións arredor deste servizo.

Que nos imos atopar no Vídeo Baixo Demanda (VOD)?

Pois basicamente teremos acceso a 2 tipos de contidos:
  • Acceso a un catálogo de VOD, no que haberá filmes, preestreos de series... que poderemos ver cando queiramos durante 24 ou 48 horas despois de ter elixido o contido e que permanecerán accesíbeis arredor de 3 meses. En total ofertaranse unhas 450 horas de contido televisivo, nos que destaca a presenza de producións galegas grazas á colaboración con Filmanova e a Televisión de Galicia.
  • RebobinaR, un servizo co que se poderá acceder a contidos xa emitidos por televisión, e que R se encargará de gravar por nós (ideal para despistados, ou?). Estes contidos estarán dispoñíbeis durante unha semana despois da emisión, un total de 850 horas de televisión.
Quen pode disfrutar do Vídeo Baixo Demanda? En que condicións?

Poderán disfrutar deste servizo todos os clientes da televisión dixital multicanle de R sen pagar ningún custo adicional.

E cando vai estar dispoñíbel isto?

Todas estas opcións estarán dispoñíbeis antes do verán. Ademais, cara finais de ano, chegará o ansiado decodificador de alta definición, que será ademais compatíbel co 3D.

Vamos, que con estas opcións non poderás dicir 'é que eu non o vin' :P

miércoles, 30 de marzo de 2011

R inclúe a canle nipona NHK World á súa grella


A grella da televisión de R segue en aumento, engadindo estes días unha nova canle, a xaponesa NHK World.

Esta canle emite para todo o mundo en inglés, e conta na súa programación con novas e outros programas de política, cultura ou entretemento.

martes, 29 de marzo de 2011

Tes ADSL con Movistar? Activa gratis o teu bono de chamadas a móbiles dende o fixo


Os clientes de Movistar ADSL ou Movistar Imagenio (modalidades Familiar ou Flexible), poden contratar de xeito gratuíto un bono que permite chamar 50 minutos mensuais a móbiles de calquera compañía dende o fixo, a consumir de luns a venres, a calquera hora.

Este bono é compatíbel con outros bonos de desconto fixo-móbil (como por exemplo o bono fixo-móbil fin de semana incluído no ADSL de Movistar), pero non poderán disfrutar del aqueles clientes que teñan algunha promoción no ADSL ou en Imagenio (por exemplo, "x" cotas máis baratas).

Pódese activar chamando de balde ao 1004, algo que nos parece un abuso por parte da compañía: por que non se activa a todos os clientes directamente?

martes, 15 de marzo de 2011

R amplía a súa grella de televisión


R anunciou a través do seu Twitter que dende hoxe están dispoñíbeis tres novas canles na súa grella de televisión: LaSexta3, 13TV e Astrocanal, que pasarán a ocupar os diais 36, 122 e 777 respectivamente.

LaSexta3 é a última aposta de LaSexta, adicada nun primeiro momento á ficción. O pasado 28 de febreiro engadiu a coletilla Todo Cine e mudou a súa programación para ofrecer un amplo abano de películas internacionais, convertíndose na primeira canle española en aberto adicada ao cinema.

Pola súa banda, 13 TV é unha canle adicada á relixión católica, con programas e filmes pensados para difundir as ideas dese credo relixioso. Finalmente, Astrocanal adícase ao tarot e horóscopos.