Mostrando entradas con la etiqueta tarifas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tarifas. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de febrero de 2012

Vodafone presenta un redeseño das súas tarifas no #mwc12


Aproveitando o Mobile World Congress que estes días se está a celebrar en Barcelona e que podedes seguir en profundidade a través de Mallando no Android, Vodafone presentou un redeseño das súas tarifas por tallas, orientado a axudar aos seus clientes a controlar o consumo.

Os planes de prezos L e XL ven reducida a súa cota de 59,9 a 50 €/mes e de 99,9 a 70 e/mes respectivamente, conservando o número de minutos incluídos na mesma. 

En canto ás tarifas para falar e navegar os cambios son os seguintes:
  • Desde a talla @S todas inclúen sms ilimitados.
  • A tarifa @XL redúcese de 99,9 €/mes a 80 €/mes (1000 minutos, 1 GB de datos e sms ilimitados).
  • A tarifa @L pasa de 59,9 a 60 €/ms e pasa a incluír 750 minutos, 750 MB e sms ilimitados.
Finalmente Vodafone tamén incluíu dúas novas tarifas de 15 €/mes: XS e @XS8. A primeira inclúe 150 miutos para chamar a calquera destino, mentres que a segunda inclúe 200 sms, 100 MB de navegación e a posibilidade de chamar a 8 céntimos/minuto.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Tuenti saca a lingua e revoluciona as tarifas móbiles españolas



Hai uns cantos anos Vodafone lanzou unha campaña co lema Lembras? no que facía fincapé en como nos cambiou a vida coa telefonía móbil. Se esa campaña se volvera facer hoxe en día o "lembras" sería un Lembras cando pagamas 40 pesetas por minuto? 

Desde a chegada das OMV os prezos da telefonía móbil e dos datos móbiles reducíronse drásticamente, chegando a apenas 3 céntimos por minuto en moitos casos e tarifas de pouco máis de 10 € por 1 GB de datos móbiles.

Se pensabamos que esta guerra estaba para rematar estabamos trabucados, xa que hoxe Tuenti vén de poñer patas para arriba o mercado español co lanzamento dos seus novos produtos móbiles.


Para comezar cambia o seu nome comercial, que pasa de ser Tu a ser Tuenti Móvil, un movemento na liña de identificar dun xeito claro a marca de móbil coa rede social matriz da compañía telefónica low cost. Iso si, segue usando a rede móbil de Movistar, empresa á que maioritariamente pertence Tuenti.

Pero onde realmente está a revolución é nas súas novas tarifas e na integración coa rede social. En canto ás tarifas, a oferta segue sendo de cartón prepago sen consumo mínimo ou contrato de permanencia.

O prezo das chamadas pasa a ser de 3 céntimos/minuto, con 15 de establecemento de chamada, chamemos a quen chamemos e á hora que chamemos. Se ademais queremos navegar por Internet poderemos disfruar de 1 GB por 6 €/mes ou 3 GB por 15 €/mes, ou o que é o mesmo, a mellor tarifa até o de agora en Internet móbil no noso país.

Doutra banda, a integración coa rede social pasa a ser tal que poderemos chamar aos nosos amigos da rede que tamén teñan Tuenti Móvil sen necesidade de ter intercambiado os números de teléfono, é dicir, polo nome.

Que vos parecen estes cambios?

Máis info

lunes, 28 de noviembre de 2011

Multitarxeta de datos e tarifas planas: as novidades de Yoigo no seu 5º aniversario


Yoigo vén de cumprir 5 anos e o celebra con novidades nas súas tarifas, adaptándose ao que xa estaban a ofrecer a meirande parte das compañías: ofrecer tarifas planas e incluír o servizo de multitarxeta de datos, para poder conectarnos a Internet desde diferentes dispositivos e un único contrato de datos.

Neste sentido, pagando 3 €/mes por cada tarxeta adicional poderemos compartir a conexión a Internet. Por exemplo, se se ten contratado Internet para llevar 35, que inclúe 5 GB de datos por 35 €/mes, poderíamos contratar até 2 tarxetas SIM adicional para outros dispositivos e compartir Internet (por exemplo unha para a tablet e outra para o pincho USB), pagando 3 €/mes por cada unha.

No que ten a ver coas tarifas planas, Yoigo presentou 3 nova tarifas:
  • La Plana del 20: por 20 €/mes, pódese disfrutar de 300 minutos para chamar a calquera operador a calquera hora, sen pagar establecementos. 
  • La Plana del 30: por 30 €/mes esta tarifa inclúe 360 minutos a calquera operador e hora e 360 MB de datos.
  • La Plana de 55: por 55 €/mes pódese disfrutar de 1200 minutos ao mes a calquera operador e 1,2 GB de datos.
En todos os casos, os minutos adicionais páganse a 12 céntimos, cun establecemento de 15 céntimos.

Todos os prezos amosados nesta entrada non inclúen o IVE, do 18%.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Tu xa ten plans de contrato


Tu, a operadora móbil de Tuenti, xa ten tarifas de contrato, con plans sinxelos de entender e con moitas vantaxes para chamadas e mensaxes entre membros da mesma operadora. Así distingue os plans segundo o prezo e segundo se colla a tarifa asociada a un terminal ou non.

Se collemos asociadao a terminal teremos as tarifas Plan 10, Plan 20, Plan 30 e Plan 40, por 10, 20, 30 ou 40 €/mes respectivamente.

Inclúen  o seguinte:
  • Plan 10: 3000 minutos e 3000 sms a outros Tu, chamadas ao reso a 15 cént/min e sms a 10 cént. Navegación ilimitada por Tuenti.com e resto por 8 cént/MB.
  • Plan 20: 3000 minutos e 3000 sms a outros Tu, 100 minutos e 100 sms a outros móbiles, navegación ilimitada por Tuenti.com e 100 MB (resto 8 cént/MB).
  • Plan 30: 3000 minutos e 3000 sms a outros Tu, 250 minutos e 100 sms a outros móbiles, navegación ilimitada por Tuenti.com e 250 MB (resto 8 cént/MB).
  • Plan 40: 3000 minutos e 3000 sms a outros Tu, 500 minutos e 100 sms a outros móbiles, navegación ilimitada por Tuenti.com e 500 MB (resto 8 cént/MB).
No caso de coller só SIM, sen terminal, existen 4 plans coas mesmas condicións que os anteriores pero que cambian o nome e o prezo: o equivalente ao Plan 10 sería Plan 5 por 5 €/mes... e así con todos: Plan 15 (15 €/mes), Plan 25 (25 €/mes) e Plan 35 (35 €/mes).

Cómpre sinalar que con ningunha chamada hai establecemento de chamada, xa sexa a Tu ou a outros operadores

De querer ter máis datos incluídos pódense coller bonos de Internet móbil de 250 MB (por 5 €/mes) ou de 500 (por 8 €/mes).

Doutra banda, a gama de terminais que existen na tenda de Tu é moi ampla, incluíndo moitos androides.


miércoles, 7 de septiembre de 2011

Vodafone lanza as tarifas Gatuitas (cartón prepago)


Dende hoxe pódense contratar novas tarifas de Vodafone pensadas para o público de cartón prepago, estamos a falar dos Gatuitos, que ofrecen complementos gratuítos só por recargar.

Existen 3 tipos de beneficios:
  • 60 sms a calquera destino e 60 MB gratuítos.
  • 60 minutos en chamadas a Vodafone e fixos, as 24 horas e sen establecemento de chamada.
  • 30 minutos en chamadas internacionais, as 24 horas e sen establecemento de chamada.
Para conseguir estas tarifas hai que facerse cunha tarxeta SIM (dispoñíbeis dende 1 €) ou un pack Vodafone prepago Gatuíto. Iso si, os beneficios obtéñense cando se fai unha recarga de 10 € ou máis e permanecen activos durante un mes despois da recarga.

Os clientes actuais poden activar este tipo de tarifa marcando *734#

lunes, 5 de septiembre de 2011

MASmóvil lanza unha nova tarifa sen establecemento nin consumos


A operadora de baixo custo MASmóvil vén de lanzar unha nova tarifa pensada para aquelas persoas que adoitan facer chamadas curtas, xa que non ten establecemento de chamada (eses 15 céntimos habituais que nos cobran só por descolgar).

Os minutos con esta tarifa, de nome @SIN, sáennos a 8,8 céntimos e os sms a 8. Iso si, para poder difrutar dela é preciso contratar un bono de datos (dende 5 €).

viernes, 5 de agosto de 2011

R rebaixa o prezo do módulo favoritos


R vén de facer unha rebaixa do prezo das chamadas aos números do seu módulo favoritos pasando de 6 a 4 céntimos/minuto.

Este módulo, que ten un custe mensual de 3 €, permite escoller até 3 números para falar con eles a prezos máis económicos. Se os números escollidos son R (fixo ou móbil) as chamadas serán de balde, mentre que se son non-R serán 4 céntimos/minuto. Ademais, as mensaxes custan 9 céntimos/sms e todas as chamadas teñen establecemento de chamada (15 céntimos).

miércoles, 20 de julio de 2011

Orange lanza Travel para falar e navegar máis barato no extranxeiro


Coa chegada do verán moita xente pensa en marchar uns días ao extranxeiro de viaxe... pero cando ve as tarifas, pensa que se vai cortar bastante de falar cos seus para aforrar un pouco. E xa non falemos dos datos, onde é posíbel ver tarifas de 5 € por 1 MB de conexión. Case nada...

Para permitir que os seus clientes aforren algo, Orange lanzou hai uns días Travel, un produto pensado para viaxar ao extranxeiro que ofrece chamadas ao 50% dende fóra de España e navegación co noso smartphone.

Trátase de dous servizos diferentes:
  • O 50% de desconto nas chamadas ten unha cota de 1€/día, que só se pagará no caso de falar. Así, as chamadas realizadas dende Europa custarán 0,175 €/min e as recibidas 0,095 €/min.
  • A navegación con smartphone custa 2,50 €/día e ofrece 10 MB de datos. Tamén se pagará só no día que se empregue.
A activación desta tarifa, Travel, é gratuíta e pódese facer enviando ALTA DIA ao 22095 ou chamando ao 470.

martes, 19 de julio de 2011

Yoigo ofrece Internet de balde durante o verán


Yoigo ofrece este verán unha solución de conexión en mobilidade, ofrencendo 500 MB/mes de balde que unha vez acabados reducen a velocidade até os 64 Kbps.

Iso si, esta promoción está dispoñíbel para navegar durante 2 meses gratuitamente e con USB de regalo. Iso si, pasados os dous meses de promoción hai que cumplir 16 meses de permanencia, pagando 8 €/mes.

Vía

lunes, 18 de julio de 2011

O Internet Everywhere de Orange por 5 € para clientes


Os clientes de ADSL de Orange e que son usuarios á vez de Internet móbil (pincho usb ou tablet) teñen motivos para aledarse, porque a compañía vén de lanzar unha oferta para eles.

Así, poderan contratar Internet Everywhere 10 por 5€/mes, que inclúe navegación ilimitada durante 10 días ao mes. Malia todo, existe a limitación de 100 MB/día. Unha vez acadada esa cantidade reducirase a velocidade até os 64 Kbps. 

De precisar conectarse máis días, poderíase facer pagando 2,97 €/día coa mesma cantidade de datos diaria.

viernes, 15 de julio de 2011

Orange lanza unha nova tarifa Delfín

Orange mellora a súa tarifa Delfín, pensada para aquela xente que quere navegar e falar. Así, os clientes que teñan contratada a tarifa Delfín 40 poderán disfrutar por 40 €/mes de 500 minutos para falar con calquera destino estatal fixo ou móbil (máximo 100 destinos diferentes) e 500 MB de datos/mes, momento a partires do cal se reduce a velocidade até os 128 Kbps

Se se supera o límite de minutos as chamadas pasan a ser de 18 cént/min con 15 céntimos de establecemento de chamada.

lunes, 4 de julio de 2011

SmartSIM: Comparte internet móbil con Orange


Orange vén de lanzar unha nova oferta que permite compartir a conexión a Internet móbil entre varios dispositivos para dar resposta ás necesidades de conexión multigadget dos seus clientes.

Deste xeito, cunha cota mensual de 3 €/mes, os clientes das tarifas Delfín poderán dispór dunha tarxeta SIM adicional para acceder a Internet dende unha tablet ou portátil, a través dun pincho USB.

Parello a isto, Orange lanza e bonos de Internet adicional, por se o consumo dos gadgets supera os datos que temos contratados inicialmente. Así, poderanse contratar bono Internet Extra 200 ou 500, que inclúen 200 MB ou 500 MB adicionais por 5 ou 8 €/mes adicionais, e poderanse activar/desactivar cantas veces queramos.

lunes, 27 de junio de 2011

Ocean's, outra compañía de cuádriple play

Estes días descubrín un operador do que nada tiña oído falar: Ocean's. Trátase dunha compañía que ofrece servizos de cuádruple play (teléfono + internet + televisión + móbil) e que opera a nível estatal.

Caracterízase por ter unhas tarifas bastante sinxelas (agás en móbil) e sen letra pequena, destacando estes servizos/tarifas:

Fixo
  • Liña fixa sen incluír chamadas: 11 €/mes
  • Liña fixa con tarifa plana de chamadas a fixos: 22 €/mes.
Internet
  • 10 Mb + chamadas: 24 €/mes (neste caso, a liña custa 13,97 €/mes).
  • 3 Mb (libre, sen servizo telefónico): 29 €/mes (sen custe de liña).
  • 50 Mb + chamadas:  33 €/mes (+13,97 €/mes da liña).
Televisión
  • TVbásico (30 canles) + ADSL 10 Mb + chamadas: 29 €/mes (+13,97 €/mes)
  • TVplus (70 canles): 29 €/mes (+13,97 €/mes)
  • TVplus + ADSL 10 Mb + chamadas: 39 €/mes (+13,97 €/mes).
Móbil

En canto a móbil, conta con varias tarifas:
  • Ocean's Seis: cunha cota de 6 €/mes e un consumo de 4 €/mes, as chamadas son a 6 céntimos/min as 24 horas e disponse de 250 minutos de balde para falar nas fins de emana
  • Tarifa sin: sen cota e cun consumo mínimo de 6 €. As chamadas son a 8 cént/min e 12 cént de establecemento de chamada.
  • Tarifa mini: ten unha cota de 25 €/mes e pódese navegar ilimitadamente. As chamadas son a 8 cént/min.
  • Tarifa libre: cun consumo mínimo de 10 €/mes, as chamadas saen a 7 cént/min.
  • Tarifa familiar: ten unha cota de 10 €/mes e as chamadas son a 8 cént/min a todos agás os números da propia factura, que son gratuítas.

viernes, 24 de junio de 2011

Yoigo baixa as súas tarifas en itinerancia

A operadora Yoigo vén de anunciar unha rebiaxa nos prezos das tarifas de roaming a nível europeo, que será efectivo a partires do vindeiro 1 de xullo.

Así, as chamadas a outros países da Unión Europea (agás España) estando fóra pasarán a custar 23 cént/min (son 4 cént/min menos). Pola súa banda, as chamadas recibidas pasan a custar 11 cént/min.

Os lugares incluídos nesta rebaixa (países e zonas) son: Alemaa, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Mónaco, Reunión, Martinica, Guayaba Francesa, Guadalupe, Xibraltar, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, San Marino, Letonia, Luechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía e Suecia.

jueves, 23 de junio de 2011

R lanza nova tarifa de datos: Internet Diario #mobilR


R vén de lanzar unha nova tarifa de datos para aqueles usuarios que fan un uso ocasional e que non lles compensa ter contratada unha tarifa mensual para conexións esporádicas. Chámase Internet Diario.

Por 1 € (IVE á parte) poderémonos conectar durante todo o día cantas veces queiramos (dende as 00:00 ás 23:59h), até un máximo de 100 MB/día. Unha vez acadado o volume total de datos redúcese a velocidade a 64 Kbps, que aínda que non dá para moito, para consultar o correo e Twitter no móbil chega.

A tarificación, como dixemos antes, é diaria: se un día te conectas pagas, se non, non. Ademais, cómpre sinalar que esta tarifa ten un límite mensual de 1 GB de datos consumidos (sumando todas as conexións).

Pero hai un último factor que fai que este plan sexa aínda máis interesante e é que non só é válido para conectarnos dende o noso móbil senón que tamén o podemos asociar a unha tarxeta SIM de datos de uso ocasional, sen que teñamos consumos asociados a ela. É dicir, se un mes non conectamos, non pagaremos nada nesa tarxeta.

miércoles, 22 de junio de 2011

Pepephone presenta a tarifa " Tarifa de la cobaya que se convierte en ratón, luego en súper ratón y luego en un animal asombroso que no sabemos cómo se llama pero que habla por 2 cent/min y navega 1GB por 6,9 €/mes"

Máis de 30 palabras fixeron falta desta vez a Pepephone para poñer nome á súa nova tarifa, que vai baixando o prezo da chamada co paso do tempo. Así temos o seguinte:
  • A tarifa base é de 3,5 cént/min e inclúe 400 MB de datos.
  • Pasados 60 minutos (suma de todas as chamadas), para as seguintes chamadas báixase o prezo a 3 cént/min, e súmanse 100 MB de datos (500 MB totais)
  • Pasados 120 minutos, as seguintes chamadas pasan a custar 2,5 cént/min, e súmanse 50 MB de datos (550 MB totais)
  • Pasados os 180 minutos, as chamadas serán a 2 cént/min, e súmanse 50 MB de datos (600 MB totais)
  • A partires dos 180 minutos, cada 60 minutos de voz extra sumará 50 MB de datos, até un máximo de 1 GB.
A tarifa ten unha cota de 6,90 € (polos datos) a partires de aí, o que gastemos. Soa interesante, aínda que un pouco complicado, non?


lunes, 20 de junio de 2011

MÁSmovil presenta unha nova tarifa de prepago


A operadora virtual MÁSmovil vén de mover ficha despois dos anuncios de tarifas low cost por parte de Vodafone, Movistar e Orange. Así, a operadora amarela inclúe no seu catálogo unha nova tarifa de cartón prepago que permite facer chamadas a 5 céntimos.

Malia todo, esta tarifa ten truco, xa que ese prezo por minuto manterase sempre e cando se teña un consumo de 10 € ao mes ou se faga unha recarga por ese mesmo importe. 

De non facer nada diso, o prezo será de 8 céntimos/minuto cun consumo mínimo de 4 €/mes.

martes, 14 de junio de 2011

SIM mundo, chamadas ao extranxeiro por 1 céntimo (con Orange)


Se adoitas chamar ao estranxeiro interesarache saber que agora poderalo facer aforrando cartos da man de Orange. E é que a operadora laranxa vén de lanzar a tarxeta SIM mundo, unha opción dirixida a aquelas persoas que chaman fóra e non queren ter un contrato.

Por 1 céntimo/minuto poderase chamar a países como Rumanía, Polonia, Marrocos, Colombia, Perú, México ou China, entre outros, mentres que as chamadas dentro do territorio españaol son a 7 céntimos/minuto.

Hai que ter en conta que as chamadas internacionais teñe un establecemento de chamada de 25 céntimos, no canto dos 15 céntimos habituais das chamadas nacionais.

lunes, 13 de junio de 2011

Vodafone, a operadora que faltaba por apuntarse ás lowcost


Vodafone segue os pasos dos outros operadores tradicionais apuntánse ás tarifas máis baratas, seguindo os pasos levados a cabo a semana pasada por parte de Movistar e Orange e, algún tempo máis atrás, por Yoigo.

Así, lanza dúas novas tarifas cuxa denominación continúa coas tallas: XS6 e @XS.

A Tarifa XS6 é a opción ideal para os clientes que chaman habitualmente nas fins de semana, xa que dispón de 250 minutos para falar gratuitamente con todos os destinos, pero só usábeis os sábados e os domingos. Polo resto da semana, as chamadas tarifícanse a 6 céntimos o minuto. Dispón dunha cota de 6 €/mes e un consumo mínimo de 9€/mes. A cota de 6€ xa computa para dito consumo mínimo, polo que poderíamos simplificar dicindo que o consumo mínimo real é de 3 €/mes (a maiores da cota de 6 €).

Doutra banda, a Tarifa @XS está orientada a aquelas persoas que queren falar e navegar, xa que dispón de 150 minutos para realizar chamadas a calquera destino e calquera hora, así como tamén 150 MB de datos mensuais. Todo ilo por 20 €/mes.

Ademais, xunto a esta tarifa, os clientes que porten os seus números a Vodafone poderán disfrutar de terminais como o Sony Ericsson Xperia Neo, HTC Wildfire S ou Samsung Galaxy Mini por 0 €.

jueves, 9 de junio de 2011

Nova Tarifa 10 de MÁSmovil

MÁSmovil volve a ser nova por lanzar unha interesante tarifa para aqueles heavy users de Internet nos smartphones e que ademais queren falar barato, a tarifa 10.

Esta tarifa inclúe por 10 €/mes 1GB de datos (excesos a 0,03 €/MB) e chamadas a 5 cént/minuto, iso si, cun consumo de voz doutros 10 €/mes. Polo tanto, como mínimo pagaríamos 20 €/mes.

O establecemento de chamada é de 15 céntimos e os sms a 8 cént/sms. MÁSmovil é un operador móbil virtual que emprega a cobertura de Orange