Mostrando entradas con la etiqueta adsl. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta adsl. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de enero de 2012

Ya.com ofrece 10 megas por 9,95 €/mes durante 6 meses


Seguindo con ofertas de ADSL agresivas, hoxe toca que falemos de Ya.com, que acaba de lanzar unha promoción para o seu ADSL de 10 megas pola cal se pagarían 9,95 €/mes durante 6 meses, tras os cales pasaríase a pagar 19,95 €/mes, ademais da cota de liña (15 €/mes), que se pagaría tanto no período promocional coma no estándar.

A promoción leva ligado un compromiso de permanencia de 12 meses e no caso de que no momento da contratación non se teña liña telefónica ou se dispoña de liña pero non con Movistar, habería que pagar 29,95 € extra en concepto de gastos de xestión.

A contratación só pode facerse en liña.

lunes, 2 de enero de 2012

ASDL a 20 megas por 11,95 €/mes durante 9 meses con Orange


Orange vén de lanzar unha interesante oferta para a contratación do seu ADSL ofrecendo promocionalmente durante 9 facturas tarifa plana de navegación até 20 megas por 11,95 €, aos que habería que sumar 15 €/mes de cota de liña e o IVE.

A promoción obriga a contratar o servizo cunha permanencia de 12 meses e logo deste período promocional sube o seu prezo a 25,95 €/mes ou 15,95 €/mes no caso de clientes con Internet móbil contratado coa compañía.

Así mesmo, a tarifa plana inclúe chamadas a todos os fixos e 1000 minutos para falar con móbiles Orange.

lunes, 30 de mayo de 2011

Movistar rebaixa o prezo do ADSL 10 megas para frear a sangría de clientes


Movistar vén de anunciar unha nova promoción orientada ao seu ADSL de 10 megas, pola cal rebaixa o prezo até os 20,20 €/mes até o mes de novembro, cando volverá a custar 26,90 €/mes.

A maior compañía de telecomunicacións do Estado vese forzada a aplicar este tipo de ofertas e promocións para frear a sangría de clientes que está a ter froito das ofertas dos operadores alternativos, algo que para os usuarios sempre é unha boa nova.

jueves, 7 de abril de 2011

Jazztel incluirá nos seus produtos até 120 de minutos de chamadas a móbiles


A operadora Jazztel vén de anunciar que a partires do 15 de abril engadirá minutos en chamadas a móbiles dentro das súas ofertas de ADSL. Concretamente, 60 minutos, que no caso dos clientes que leven máis de 2 anos na compañía se convertirán en 120.

Para activalos, os clientes deben dirixirse ao espazo de clientes na web da compañía, iso si, a partires do 15 de abril.

Parece que todas as compañías van actualizando os seus servizos conforme á competencia. Non nos extrane se dentro de pouco vemos tarifa plana en chamadas internacionais, xa que é un produto incluído nas ofertas das operadoras extranxeiras.

miércoles, 6 de abril de 2011

Orange e o seu ADSL a 2,95 € durante 6 meses (até o 8 de abril!)


Xa temos falado de que as compañías tenden cada vez máis a ofrecer servizos do cuádriple Play (teléfono fixo + internet + tv + móbil), é dicir, recoller todos os nosos servizos de comunicacións e agrupalos nunha única factura.

Por iso, para promocionar o seu ADSL, Orange vén de lanzar unha oferta moi competitiva para os seus clientes de móbil: Internet a 20 Mbps por 2,95 €/mes durante 6 meses (13,95 €/mes a partir da promo), aos que tamén hai que incluír o prezo da liña (14 €).

Pero temos que puntualizar, xa que non basta con ser cliente de móbil Orange. Débese ter contratada unha destas tarifas: León 25, 30 ou 49; Panda 22 ou 26; Delfín 32, 42, 59, 79,

Iso si, a contratación deste produto implica unha permanencia de 12 meses.

viernes, 25 de marzo de 2011

As opcións de servizo indirecto (ADSL) de R @quecheparece


Hoxe en día por todos é sabido que R comercializa Internet por fibra óptica, con opcións que o fan único, como os sonados 30 e 100 Mbps. Pero a rede de R non chega a todos os recunchos de Galiza, e aló onde non o fai pero si que existe cobertura de ADSL, ofrece opcións de conexión menos coñecidas: son os combos+.

Os combos+ son un abano de produtos de acceso indirecto (xa sabedes, eses nos que un operador que non ten rede alúgalla a outro que si ten para poder operar), a través dos que ofrece velocidades que van dende 1 até 20 Mbps de baixada.

Diferénzanse un total de 6 produtos, o combo+, a secas, e o combo+ con até 5 opcións de Internet.
  • Combo+. É o produto máis básico, que inclúe por 25 €/mes (sen IVE) tarifa plana a fixos estatais (máximo 120 min/chamada) e 300 min/mes en chamadas a móbiles R.
  • Combo+ X Mbps. Estes combos inclúen, ademáis do anterior, unha opción de Internet de X Mbps. Estas posíbeis opcións son 1 Mbps (43 €/mes), 3 Mbps (48 €/mes), 6 Mbps (50 €/mes), 10 Mbps (52 €/mes) e 20 Mbps (54 €/mes). Todos os prezos sen IVE.
As opcións de Internet inclúen tarifa plana as 24 horas sen límite de descarga, router WiFi, instalación e mantemento a domicilio, 5 buzóns de correo de 1 GB e blogs R, entre outros.

Promocións

Actualmente, os combos+ con algún produto de Internet están a 35 €/mes durante 12 meses, e os servizos de seguridade R e mantemento avanzado sen custe durante 3 meses.

Cobertura e contratación

Pódese consultar a cobertura do servizo e contratar a través desta ligazón.

lunes, 14 de marzo de 2011

Vodafone elimina a cota de alta e a permanencia no seu ADSL nas contratacións online



Parece que as operadoras teñen claro que é en Internet onde se xogan o seu futuro, e froito dilo é a proliferación de ofertas destinadas á contratación en liña.

Vodafone vénse de sumar a esta moda, e nos seus produtos de ADSL vén de eliminar o compromiso de permanencia e a cota de alta, sen que isto supoña que os clientes non poidan desfrutar das promocións e ofertas por contratala.

Neste sentido, no seu Vodafone ADSL Máxima Velocidad (até 20 Mbps) disfrutarase de 6 meses a 4,90 €/mes, e a partires dese momento pasarase a pagar 24,90 €/mes, que se suman aos 15 €/mes de liña.

Por outra banda, no Vodafone ADSL (6 Mbps) pagarase 4,90 €/mes durante 6 meses e logo 19,90 €/mes, aos que tamén hai sumar os 15 €/mes de liña.