Mostrando entradas con la etiqueta emporia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emporia. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de junio de 2011

Vodafone lanza e exclusiva un novo terminal Emporia

De esq. a dereita: J. Manuel Azorín (Vodafone), Evelin Pupeter (Emporia), Bernabé Tierno (psicólogo)
Vodafone vén de presentar esta mañá o novo terminal da compañía dos terminais "doados": Emporia. Trátase do emporiaRL1, un terminal pensado para aquela xente que queira ter unha comunicación sinxela cos seus contactos achegados.


Como é habitual nos teléfonos de Emporia, é compatíbel con audífonos e conta con teclas grandes que facilitan o seu uso. Ademais a pantalla é tipo OLED con alto contraste para unha lectura efectiva, unha batería que lle otorga 200 horas de autonomía e lanterna.

Mais destaca que ofrece servizos extra gratuítos, como información socio-sanitaria e orientación médica (interpretación de análises, medicación...), social, nutricional (dietas, hábitos alimenticios), psicolóxica, xurídica, informática e de uso do terminal durante as 24 horas e os 365 días do ano.

O  terminal comercialízase en exclusiva a través de Vodafone por 0 € para novas altas e portabilidades, asinando unha permanencia de 18 meses e consumo mínimo de 8 €/mes (Tarifa XS8, 8 céntimos/minuto, 8 céntimos/sms)

lunes, 18 de abril de 2011

Emporia propón o Elegance como agasallo do día da nai

Emporia, a compañía dos móbiles doados, propón o seu modelo ELEGANCE para agasallar ás nais no seu día.

O emporia ELEGANCE, do que xa temos falado, é un terminal que combina sinxeleza de uso cun deseño coidado e estilizado. Está pensado especialmente para un público que non precisa grandes funcionalidades ou que ten dificultades (motrices ou visuais).

Destaca o seu teclado amplio, o bo contraste da pantalla e uns avisos por son ou vibración con moita potencia.

O terminal pode adquirirse no mercado libre por 129,99 € en tendas como The Phone House, El Corte Ingles, MediaMarkt entre outros, ou dende 0 € con móbil R

lunes, 7 de marzo de 2011

O Emporia ELEGANCE gaña o iF do ano 2011


Na nosa cobertura especial do Mobile World Congress xa vos falamos de Emporia, un fabricante especializado en terminais adaptados a persoas con discapacidades físicas, como mobilidade ou visión.

Entre os seus terminais destaca o Emporia ELEGANCE, un dispositivo de apariencia elegante e pensado para un público de idade avanzada. Destaca a súa pantalla de alto contraste, teclas grandes e unha compatibilidade con audífonos.

Entre 2.756 produtos aspirantes, as súas características levaron ao Emporia ELEGANCE a facerse co iF de ouro, o premio da Feira CeBIT de Hannover (Alemaña), que recoñece o deseño, a calidade, a innovación, o funcionamento e a ergonomía dos terminais.

Outros premios

O iF de ouro súmase a outros premios recibidos recentemente polo terminal, como o Premio de Deseño Universal 2011, o Premio de Deseño Universal favorito do Consumidor 2011, o Baden-Wuerttemberg Premio de Deseño (Focus Open 2010) e o Plus X Award 2010 (categorías de Deseño e Confort de Funcionamento).