Mostrando entradas con la etiqueta MASmovil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MASmovil. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de octubre de 2011

Aforra un chisco máis co Bono Amigo de MÁSmovil


Non estamos acostumados a que os operadores móbiles virtuais teñan bonos e produtos avanzados (agás os que están vencellados ás operadoras de cable), pois xa contan con prezos por minuto bastante competitivos.

Sen embargo MÁSmovil vén de cambiar as tornas presentando o Bono Amigo, que permite falar con outro MÁSmovil 100 minutos mensuais por unha cota de 5 € (2,50 € durante os 3 primeiros meses). Cun cálculo rápido veredes que o minuto sae a 0,05 € (0,025 durante a promo). Isto pode non parecer moito aforro tendo en conta que dispoñen de tarifas a 3 céntimos o minuto, pero si que o é porque o bono xa inclúe os establecementos de chamada (15 céntimos por chamada).

lunes, 5 de septiembre de 2011

MASmóvil lanza unha nova tarifa sen establecemento nin consumos


A operadora de baixo custo MASmóvil vén de lanzar unha nova tarifa pensada para aquelas persoas que adoitan facer chamadas curtas, xa que non ten establecemento de chamada (eses 15 céntimos habituais que nos cobran só por descolgar).

Os minutos con esta tarifa, de nome @SIN, sáennos a 8,8 céntimos e os sms a 8. Iso si, para poder difrutar dela é preciso contratar un bono de datos (dende 5 €).

viernes, 22 de julio de 2011

MÁSmovil: en verán, internet máis barato


MÁSmovil oferta para este verán o seu Internet móbil con rebaixas nas tarifas de navegación de 1 GB e nas de navegar e falar.

Así, quen contrate antes do 31 de xullo poderá gozar até setembro (incluído) por 8,90 € da tarifa de 1 GB, que custa habitualmente 14,90 €. A partires de ter acadado o volume máximo de datos tarifícanse os MB extra a 3 céntimos/MB.

Doutra banda, a tarifa total pasa a non ter cota durante os meses de verán (xullo, agosto e setembro), tamén para altas até o 31 de xullo. Esta tarifa adoita ter unha cota de 6,90 €/mes e inclúe 500 MB de datos e chamadas a 3 céntimos.

Se xa non quedan disculpas para estar conectados este verán...

lunes, 20 de junio de 2011

MÁSmovil presenta unha nova tarifa de prepago


A operadora virtual MÁSmovil vén de mover ficha despois dos anuncios de tarifas low cost por parte de Vodafone, Movistar e Orange. Así, a operadora amarela inclúe no seu catálogo unha nova tarifa de cartón prepago que permite facer chamadas a 5 céntimos.

Malia todo, esta tarifa ten truco, xa que ese prezo por minuto manterase sempre e cando se teña un consumo de 10 € ao mes ou se faga unha recarga por ese mesmo importe. 

De non facer nada diso, o prezo será de 8 céntimos/minuto cun consumo mínimo de 4 €/mes.

jueves, 9 de junio de 2011

Nova Tarifa 10 de MÁSmovil

MÁSmovil volve a ser nova por lanzar unha interesante tarifa para aqueles heavy users de Internet nos smartphones e que ademais queren falar barato, a tarifa 10.

Esta tarifa inclúe por 10 €/mes 1GB de datos (excesos a 0,03 €/MB) e chamadas a 5 cént/minuto, iso si, cun consumo de voz doutros 10 €/mes. Polo tanto, como mínimo pagaríamos 20 €/mes.

O establecemento de chamada é de 15 céntimos e os sms a 8 cént/sms. MÁSmovil é un operador móbil virtual que emprega a cobertura de Orange

jueves, 26 de mayo de 2011

MASmovil ofrece regalos aos novos clientes


MÁSmovil agasalla aos novos clientes coa posibilidade de escoller entre unha destas 3 promocións:
  • 100 sms estatais.
  • 30 sms itnernacionais
  • 350 MB de datos
Estes agasallos de benvida só están dispoñíbeis para clientes que se dan de alta a través da web ou telefonicamente e teñen unha duración de 30 días; é dicir, se nos 30 días despois de ser MÁSmovil non se consumen, pérdense.

jueves, 19 de mayo de 2011

MÁSmovil e Skype

As operadoras son coñecida por loitar contra a voIP, pero... todas? Non, todas non. Entre outras, MÁSmovil permite o seu uso.

Maini Spinger, CEO de MASmovil, falou do tema na televisión:



martes, 17 de mayo de 2011

Café só ou con leite?


Os nomes das tarifas de móbil deberan ser obxecto de estudo... as últimas con nome curioso chegan da man da operadora MÁSmovil en colaboración co portal Movilonia.com.

Trátase de dúas novas tarifas, Café solo e Café con leche, caracterizadas como seguen:
  • Café solo: por 17,9 €/mes (sen IVE), permite falar 200 minutos ao mes con calquera operador estatal e sen ter que pagar as chamadas a parte. Inclúe ademais 30 MB de Internet móbil, que certamente non é moito.
  • Café con leche ofrécenos a cambio de 23,90 € (sen IVE) os mesmos 200 minutos de voz, pero acompañados de 500 MB de datos, polo que podemos considerala unha tarifa plana móbil de prezo bastante competitivo.
Os excesos de minutos cómbranse a 5 céntimos/minutos e cun establecemento de chamada de 15 céntimos, mentres que os "megas" adicionais saen a 3 céntimos/Mb. Doutra banda, os sms saen a 8 céntimos.

Estas tarifas son contratábeis até o próximo 10 de xullo, así que se vos interesan, apurade!

miércoles, 11 de mayo de 2011

WiFi de balde para os clientes de MASmóvil a través de Gowex

MASmóvil vén de pechar un acordo con Gowex, unha empresa especializada na explotación de redes WiFi nas cidades, mediante o cal os clientes de MASmóvil poderán disfrutar de conexión WiFi gratuíta durante 6 meses se teñen contratado un produto de datos.

Estes puntos (máis de 160) atópanse situados en Madrid. A partires dos 6 meses de promoción, os clientes de MASmóvil poderán contratar a tarifa de Gowex premium cun desconto do 25%.

miércoles, 4 de mayo de 2011


A guerra de prezos está servida no mundo dos OMV e Masmóvil volve á carga cunha tarifa para os máis charlatáns: chamadas a 3 céntimos/minuto, cun consumo mínimo de 19 €/mes.

O establecemento de chamada non cambia, continuado nos 15 cént/chamada, e os sms serán a 8 cént/sms.

Esta nova tarifa súmase ao amplo abano de tarifas das que dispón o operador amarelo, tanto en opcións de voz (cartón prepago e contrato) como en datos.

Cómpre lembrar ademais que Masmóvil emprega cobertura de Orange.

lunes, 11 de abril de 2011

MÁSmovil engade novos produtos... e tamén o consumo mínimo

Como se soe dicir por aí, os clientes de MÁSmovil teñen unhas cantas novas, algunhas boas e outras malas. Cales queredes saber antes?

Comezaremos polas boas.
  • Os clientes do seu produto Prepago Clásico verán reducido o seu plan de prezos, que pasará de 10 cént/min e 10 cént/sms a 8 cént/min e 8 cént/sms.
  • Os que queiran disfrutar de Internet no móbil poderán contratar 2 novos bonos, un de 150 MB/mes por 3 €/mes e outro de 500/MB mes por 8 €/mes, que sen dúbida serán alternativas interesantes para clientes, sobre todo o novidoso do bono dos 150 MB/mes, pensado para aqueles clientes que usan Internet de xeito moderado.
Na balanza das malas novas, a inclusión do consumo mínimo, cambio que non afecta aos antigos clientes. Estes consumos serán de 4 € na tarifa dos 8 cént/min e de 7 € na dos 5 cént/min, que dende a operadora consideran razonábeis en comparación con outros operadores.

domingo, 6 de marzo de 2011

MÁSmovil presenta a súa 'Tarifa Total'

O operador amarelo, MÁSmovil, vén de sumarse á dinamitación das tarifas de baixo custo cunha oferta que vai dar moito que falar: chamadas en calquer horario a 3 céntimos/minuto, mensaxes sms a 8 céntimos e 500 MB de navegación por 6,90 €/mes (sempre considerando o IVE aparte).

Esta nova tarifa pódenna contratar tanto novos clientes coma os que xa formaban parte de MÁSmovil, e só está dispoñíbel na modalidade de contrato.

Os 500 MB son a máxima velocidade (7,2 Mbps, sempre que a rede o permita) e se se supera ese límite comézase a cobrar a 3 cént/MB adicional, pero non se reduce a velocidade.

A tarifa conta, iso si, cun consumo mínimo de 7 €/mes. Cómpre lembrar, así mesmo, que MÁSmovil emprega a cobertura de Orange.