Mostrando entradas con la etiqueta vodafone. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vodafone. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de febrero de 2012

Vodafone presenta un redeseño das súas tarifas no #mwc12


Aproveitando o Mobile World Congress que estes días se está a celebrar en Barcelona e que podedes seguir en profundidade a través de Mallando no Android, Vodafone presentou un redeseño das súas tarifas por tallas, orientado a axudar aos seus clientes a controlar o consumo.

Os planes de prezos L e XL ven reducida a súa cota de 59,9 a 50 €/mes e de 99,9 a 70 e/mes respectivamente, conservando o número de minutos incluídos na mesma. 

En canto ás tarifas para falar e navegar os cambios son os seguintes:
  • Desde a talla @S todas inclúen sms ilimitados.
  • A tarifa @XL redúcese de 99,9 €/mes a 80 €/mes (1000 minutos, 1 GB de datos e sms ilimitados).
  • A tarifa @L pasa de 59,9 a 60 €/ms e pasa a incluír 750 minutos, 750 MB e sms ilimitados.
Finalmente Vodafone tamén incluíu dúas novas tarifas de 15 €/mes: XS e @XS8. A primeira inclúe 150 miutos para chamar a calquera destino, mentres que a segunda inclúe 200 sms, 100 MB de navegación e a posibilidade de chamar a 8 céntimos/minuto.

martes, 29 de noviembre de 2011

Vodafone presenta a súa promoción de Nadal


Como vén sendo habitual nos últimos anos, as operadoras aproveitan datas especiais como o verán ou o Nadal para sacar promocións puntuais e tratar de coller novos clientes.

A primeira operadora en dar a coñecer a súa promoción é Vodafone, que este ano aposta por dobrar o número de minutos, sms e MB que inclúe nas súas tarifas de "@ talla". Malia todo, esta promoción non será válida para todo o mundo, só para as novas altas, migracións e portabilidades realizadas entre o 10 de decembro e o 31 de xaneiro. 

Sen embargo a duración da promoción exténdese até o 31 de marzo

lunes, 14 de noviembre de 2011

Vodafone presenta toda unha gama de compromisos para mellorar as relacións cos clientes

As grandes operadoras saben que teñen que mudar moitas cousas se queren seguir mantendo a súa carteira de clientes, unha delas a relación que establece cos seus usuarios.

Por iso Vodafone vén de presentar os seus compromisos, unha serie de boas prácticas para que os clientes saiban como vai responder a compañía ante situacións cotidianas. Pasemos pois a desgranar cales serán eses compromisos:

Compromiso prezo sen sorpresas.

Neste compromiso englóbanse as ferramentas de control de consumo, para que calquera cliente poida consultar en calquera momento o volume de chamadas ou datos consumidos. Así mesmo, garanten a plena gratuidade dos números VIP, co compromiso de abonar 10 € de compensación aos clientes se nalgún momento se lles tarificase erroneamente algo relacionado con estes números.

Compromiso mellor conectado

Con este compromiso apostan por achegar cobertura a zonas rurais e liderar a implantación das novas redes (HSPA e LTE). Así, Vodafone irá comunicando localmente as melloras na súa rede e non con datos xenéricos, para evitar malas interpretacións (de nada valería que dixesen que melloran a cobertura en Ourense se non concretan concellos, étc...)

Compromiso mellor servizo.

Trátase de intentar ofrecer a mellor calidade en atención ao cliente cando este se dirixa a Vodafone a través de calqueira canle (tendas, teléfono, canle en liña, aplicacións...), con resulución de problemas en remoto para facilitar a experiencia de usuario.

Todos estes compromisos acompañaranse da campaña asterisco "*", na que queren facer fincapé en que son para reforzar e non para limitar, como adoita ser o caso. Pódense ver algunhas das imaxes que se empregarán a continuación:



viernes, 30 de septiembre de 2011

O meu móbil é 7... chega a evolución da numeración móbil


Xa se leva falando dende hai algún tempo da nova numeración de telefonía móbil. Non quere dicir isto que vaian mudar os nosos números de móbil actuais, senón que os novos poderán comezar por 7, debido a que se prevé que a serie do 6 remate dentro de non moito tempo.

Así, a partires de mañá, ao dar de alta unha nova liña pode que xa comece por 7, concretamente por 71, 72, 73 ou 74. E é que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións repartiu entre os operadores 500.000 números en bloques de 100.000.

Nun primeiro momento Movistar dispón dos que comezan por 7170, Vodafone por 7171, Orange 7477 e 7478 e Yoigo os de 7227, aínda que coas altas cifras de portabilidades deste país axiña será imposíbel serguirlles a pista.

martes, 13 de septiembre de 2011

O módem USB K5005 é o escollido por Vodafone para as probas de LTE (4G)


O 4G está cada vez máis preto de ser unha realidade. É por iso que Vodafone vén de anunciar que empregará o módem USB K5005 fabricado por Huawei para realizar as probas precomerciais de oferta de LTE.

Trátase, como a maioría dos módems usb, dun aparello autoinstalábel que tan só precisará ser conectado a un porto usb dun computador para comezar a empregalo. Conta ademais cunha ranura na que se pode introducir unha tarxeta microSD para poder empregalo tamén como lector deste tipo de tarxetas.

As probas piloto de 4G faranse no centro de Madrid (Azca e Salamanca), na Fira de Barcelona e no Parque Empresarial de Málaga, cun total de 30 clientes en probas.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Vodafone lanza as tarifas Gatuitas (cartón prepago)


Dende hoxe pódense contratar novas tarifas de Vodafone pensadas para o público de cartón prepago, estamos a falar dos Gatuitos, que ofrecen complementos gratuítos só por recargar.

Existen 3 tipos de beneficios:
  • 60 sms a calquera destino e 60 MB gratuítos.
  • 60 minutos en chamadas a Vodafone e fixos, as 24 horas e sen establecemento de chamada.
  • 30 minutos en chamadas internacionais, as 24 horas e sen establecemento de chamada.
Para conseguir estas tarifas hai que facerse cunha tarxeta SIM (dispoñíbeis dende 1 €) ou un pack Vodafone prepago Gatuíto. Iso si, os beneficios obtéñense cando se fai unha recarga de 10 € ou máis e permanecen activos durante un mes despois da recarga.

Os clientes actuais poden activar este tipo de tarifa marcando *734#

martes, 6 de septiembre de 2011

Vodafone mellora a cobertura de voz e datos en Galicia


Vodafone vén de anunciar un importante esforzo na mellora da cobertura de voz e datos móbiles en Galicia, que verán os seus froitos a partires do 9 de setembro, cando se activen novas estacións base.

Esta nova infraestrutura achega acceso a poboacións de menos de 1000 habitantes que ficaban sen cobertura e, así mesmo, refórzase o acceso en zonas de estradas e na costa, levando telefonía móbil a lugares nos que non había cobertura. Ademais, reforzouse notabelmente a cobertura 3G e HSPA+ nos lugares nos que existe un maior volume de poboación.

Nesta primeira fase do proxecto de mellora da rede vense afectados máis de 300 núcleos de poboación do rural, moitos deles que xa contaban con cobertura de Vodafone 2G. Ademais, e en pararelo con estas actuacións, Vodafone está a mudar equipos e instalacións para adaptalos á futura instalación de LTE (4G).

Os clientes de móbilR e outros OMV's tamén notarán melloras

Os clientes de móbilR tamén notarán estas melloras porque a operadora de cable galega emprega a rede de Vodafone nos seus servizos móbiles, ao igual que outros operadores móbiles virtuais como Pepephone.

Promoción de benvida especial para clientes rurais.

Co obxetivo de captar clientes das novas zonas de cobertura, Vodafone ofrece unha promoción de benvida para os novos clientes, que inclúe descontos en factura e terminais. Para poder facerse con estas promocións é preciso chamar ao 607.100.100 indicando a oferta Plan Rural Vodafone ou achegarse a unha tenda autorizada.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Vodafone regálache 50 € para gastar no que ti queiras por atraer amigos á compañía


Vodafone ten en marcha unha promoción pola cal aqueles clientes que conviden a outros amigos a unirse á compañía e que se fagan de contrato con permanencia de 18 meses recibirán na súa casa unha tarxeta Visa con 50 € para gastar onde se queira (e acepten Visa, of course).

Ademais os amigos referenciados recibirán un desconto adicional de 20 € para adquirir calquera terminal do catálogo.

Para poder facer efectiva esta promoción os actuais clientes deben solicitar un código que será o que teña que dar o novo cliente á hora de darse de alta. Con este método pódense atraer até un total de 3 amigos.

miércoles, 27 de julio de 2011

Vodafone regala 12 € de saldo por renovar o móbil en prepago


Non sempre son esquecidos. E é que os clientes de cartón prepago teñen moitas veces esa sensación de inferioridade, ao non ter tantos beneficios como os de contrato.

Por iso Vodafone fixo unha promoción para este verán orientada a este tipo de usuarios, poñendo ao seu dispór unha gama de terminais polos que poderán adquirir polo mesmo prezo que os novos clientes. Mais as vantaxes non quedan aí, porque recibirán un extra de 12 € de saldo nas súas tarxetas, que non vai asociado a ter que facer recargas nin nada: só por mudar de móbil.

Entre os terminais da lista están o Nokia 1800 (por 19 €), o Huawei G6620 (por 39 €) ou o Vodafone Smart, que é Androide (por 69 €)

martes, 28 de junio de 2011

Vodafone saca plans de cartón prepago pensados para o verán

Vodafone quere que saiamos de vacacións levando Internet connosco, así que vén de preparar unha tarifa para ilo.

Así ofrece 3 novos packs de cartón prepago que inclúen 1 GB de datos para gastar en 3 meses, sen cotas nin compromisos. Así, os prezos dependerán do modem que escollamos ou se quremos unha base MiFi.




PREZO

DISPOSITIVO

VELOCIDADE

CAPACIDADE

VALIDEZ
PACK MODEM K3770
39€
MÓDEM K3770
7,2 / 2 Mbps


1 GB



3 MESES
PACK MODEM K3806
49€
MÓDEM K3806
14,4 / 5,7 Mbps
PACK MIFI R201
79€
MIFI R201
7,2 / 2 Mbps

miércoles, 15 de junio de 2011

Vodafone: multada por problemas coas portabilidades

A operadora Vodafone foi sancionada pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) ao cometer unha infración moi grave no tratamento das portabilidades.

Así, os clientes da compañía vermella que solicitaban a portabilidade dos seus números a outras operadoras sufrían retrasos por mor da non aplicación das modificacións do procedemento de cambio de número entre compañías. Isto, segundo a CMT, desembocou en que as compañías receptoras dos números tiveron problemas que afectaron á súa propia imaxe cando non tiñan culpa.

A contía da multa ascende a 250.000 euros, bastante reducida se temos en conta que se partía dunha proposta inicial de 500.000. Isto débese a que a CMT entendeu que estas eivas non foron coa intención de reter clientes, feito que se se constatase faría o problema moito máis grave e, polo tanto, máis sancionábel.

lunes, 13 de junio de 2011

Vodafone, a operadora que faltaba por apuntarse ás lowcost


Vodafone segue os pasos dos outros operadores tradicionais apuntánse ás tarifas máis baratas, seguindo os pasos levados a cabo a semana pasada por parte de Movistar e Orange e, algún tempo máis atrás, por Yoigo.

Así, lanza dúas novas tarifas cuxa denominación continúa coas tallas: XS6 e @XS.

A Tarifa XS6 é a opción ideal para os clientes que chaman habitualmente nas fins de semana, xa que dispón de 250 minutos para falar gratuitamente con todos os destinos, pero só usábeis os sábados e os domingos. Polo resto da semana, as chamadas tarifícanse a 6 céntimos o minuto. Dispón dunha cota de 6 €/mes e un consumo mínimo de 9€/mes. A cota de 6€ xa computa para dito consumo mínimo, polo que poderíamos simplificar dicindo que o consumo mínimo real é de 3 €/mes (a maiores da cota de 6 €).

Doutra banda, a Tarifa @XS está orientada a aquelas persoas que queren falar e navegar, xa que dispón de 150 minutos para realizar chamadas a calquera destino e calquera hora, así como tamén 150 MB de datos mensuais. Todo ilo por 20 €/mes.

Ademais, xunto a esta tarifa, os clientes que porten os seus números a Vodafone poderán disfrutar de terminais como o Sony Ericsson Xperia Neo, HTC Wildfire S ou Samsung Galaxy Mini por 0 €.

viernes, 10 de junio de 2011

Vodafone lanza e exclusiva un novo terminal Emporia

De esq. a dereita: J. Manuel Azorín (Vodafone), Evelin Pupeter (Emporia), Bernabé Tierno (psicólogo)
Vodafone vén de presentar esta mañá o novo terminal da compañía dos terminais "doados": Emporia. Trátase do emporiaRL1, un terminal pensado para aquela xente que queira ter unha comunicación sinxela cos seus contactos achegados.


Como é habitual nos teléfonos de Emporia, é compatíbel con audífonos e conta con teclas grandes que facilitan o seu uso. Ademais a pantalla é tipo OLED con alto contraste para unha lectura efectiva, unha batería que lle otorga 200 horas de autonomía e lanterna.

Mais destaca que ofrece servizos extra gratuítos, como información socio-sanitaria e orientación médica (interpretación de análises, medicación...), social, nutricional (dietas, hábitos alimenticios), psicolóxica, xurídica, informática e de uso do terminal durante as 24 horas e os 365 días do ano.

O  terminal comercialízase en exclusiva a través de Vodafone por 0 € para novas altas e portabilidades, asinando unha permanencia de 18 meses e consumo mínimo de 8 €/mes (Tarifa XS8, 8 céntimos/minuto, 8 céntimos/sms)

miércoles, 1 de junio de 2011

Vodafone lanza tarifas multidispositivo para compartir Internet móbil


Xa temos falado que cada vez temos máis dispositivos que se conectan a Internet, polo que comeza a haber movemento nas operadoras para unificar contratos de datos. Se hai uns días falabamos de que R xa ofrece estas alternativas para clientes de empresa (en breve, particulares tamén), Vodafone apúntase a esta moda co lanzamento dunha tarifa multidispositivo.

A partires de agora, os clientes da operadora vermella disporán de 1 GB para conectarse dende o tablet ou portátil por 10 €/mes. A velocidade será de até 7,2 Mbps, dispoñendo dun módem usb totalmente gratuíto. A partires do GB de datos, a velocidade redúcese até os 128 kbps.

Así que, dende 25 €/mes (15 €/mes de tarifa de datos no móbil + 10 €/mes de Internet Contigo Multidispositivo), os clientes de Vodafone poderán conectarse dende o seu smartphone ou desde o seu portátil ou tablet.

jueves, 5 de mayo de 2011

Cambios en tarifas,2x1 en móbiles ou descontos... algunhas das novidades de Vodafone


Vodafone presentou onte unha serie de cambios nos seus produtos, vexámolos a continuación.

Cambios na tarifa M e @M

A partires de agora a tarifa M, que conta cunha cota de 30 €/mes (IVE non incluído), inclúe 350 minutos a calquera destino e hora, así como tamén 2 números de Vodafone para falar totalmente de balde, fronte aos 1000 minutos en horario de tarde e 1 número Vodafone para falar de balde que incluía até o de agora.

Pola súa banda a tarifa @M custa 40 €/mes e inclúe, alén do que a súa irmá menor M, 350 sms e 500 MB de datos e 150 MB de datos en roaming europeo.

Desconto do 25% para portabilidades sen móbil

Aquelas persoas que pasen o seu número a Vodafone pero que non queiran un móbil gozarán, se queren, dun 25% de desconta nas cotas para as tarifas S, M e L. Iso si, ataranse a permanencia de 24 meses.

2x1 en móbiles

A partires deste mes, Vodafone irá sacando packs mensuais nos que incluirá 2x1 en móbiles. Por exemplo, na oferta de maio está a Blackberry 9300 e o Nikia 7230 por 0 € contratando a tarifa @L.

Este 2x1 será para unha mesma liña.

Outras melloras

Ademais, Vodafone vén de aplicar melloras noutras tarifas (cambios que se fan automaticamente, non hai que pedilos)
  • Clientes de Plan Tarde: aforro do 30% no prezo por minuto en chamadas pola mañá.
  • Clientes de Súper 90x1. Desconto do 30% no prezo por minuto a calquera destino/hora.
  • Plan Clásico: chamadas de balde a outros Vodafone nas fins de semana.

jueves, 28 de abril de 2011

A COGAMI, Vodafone e Traballo colaboran para potenciar a inserción laboral das persoas con discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Fundación Vodafone e a Consellaría de Traballo e Benestar veñen de anovar o convenio de colaboración do Programa Vodafone para a Inserción Laboral das Persoas con Discapacidade en Galicia, que contribúe a fomentar o acceso ao emprego do colectivo de persoas con discapacidade e con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

Dito programa vai dirixido a un grupo dun total de 130 persoas, 66 homes e 64 mulleres, dos cales 59 son do rural e 71 das áreas urbanas de A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Ourense, Santiago e Lugo. 67 destes usuarios teñen unha discapacidade física, 22 laboral, 2 intelectual, 12 sensorial, 1 enfermidade mental e 26 mixta.

De esquerda a dereita: José Luis Ripoll, Presidente da Fundación Vodafone España, Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar, Anxo Queiroga, Presidente da COGAMI e Coro Piñeiro, Directora Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal.
O equipo de traballo está formado por 7 técnicos de inserción e unha psicóloga que leva a cabo un proceso que procura que as e os participantes atopen un traballo axeitado ás súas características o antes posíbel. As accións postas en marcha para acadar estes obxetivos son:
  • A avaliación inicial das habilidades para a buca de emprego dos participantes.
  • Deseño dun itinerario personalizado que incluíu formación para a busca de emprego, intermediación laboral, círculos de emprego, étc.
  • Visitas ás empresas da zona e xestións de ofertas de emprego a través do Servizo de Intermediación Laboral da COGAMI.
  • Realización de prácticas de empresas como paso previo á súa futura inserción laboral.

martes, 12 de abril de 2011

Vodafone apúntase ao 'low cost' e presenta unha tarifa con chamadas a 8 céntimos en cartón prepago

Vodafone vén de presentar a nova tarifa XS8, grazas á cal os seus clientes de cartón prepago poderán chamar por 8 céntimos/minuto e enviar sms por tamén 8 céntimos, a calquera destino sen ter que pagar cotas de alta nin mensuais.

Iso si, para poder desfrutar desta tarifa deberán facer unha recarga de, cando menos, 10 €. A partires do momento da recarga terá esa tarifa do 8 durante os seguintes 30 días. No caso de non facer a recarga, ou se esta é inferior a 10 euros, a tarifa será de 15 céntimos/minuto.

Na modalidade de contrato, a tarifa ten vencellado un consumo mínimo de 8 €/mes.




Tarifa XS8 + datos en prepago

Os clientes de cartón prepago que desexen - alén de falar a un prezo axustado - conectarse a Internet dende os seus terminais, poderán activar a Tarifa Plana de Internet Ilimitada que por 3,5 €/semana ofrece 20 MB/día a máxima velocidade.

Terminais

Ademais, para promocionar esta nova tarifa, Vodafone vén de lanzar novos packs de terminais prepagamento, como o Nokia 2720, o Sony Ericsson Spiro e o Samsung C3050 por 39 €.

miércoles, 16 de marzo de 2011

As operadoras colaboran con Xapón


As operadoras veñen de poñer en marcha os chamados "números solidarios", iniciativas previstas para casos de emerxencia como o de Xapón, pensados para facilitar a colaboración de todos os usuarios.

Así, os clientes de calquera operadora poden colaborar enviando un sms coa palabra JAPON ao 28077, cuxo custe é de 1,2 €/sms, que irán destinados integramente á Cruz Vermella para esta emerxencia.

Os clientes de Vodafone poden facer exactamente o mesmo, pero deberán enviar o sms ao 28052 coa palabra CRE, mentres que os de Yoigo deberán facer enviar CRE ao 28066.

martes, 15 de marzo de 2011

Vodafone lanza 'Internet Contigo 15' unha tarifa de datos 'reducida'


Vodafone vén de anunciar o lanzamento dunha nova tarifa de datos pensada para tablets e pinchos USB, 'Internet Contigo 15', coa que ofrecerán 500 MB de datos con velocidades de até 7,2 Mbps por 15 euros mensuais. De sobrepasar ese límite, poderase seguir navegando, inda que baixará a velocidade até os 128 Kbps.

Como promoción de lanzamento, este servizo costará 9,5 €/mes durante os seis primeiros meses dende a súa contratación, sempre e cando estas se fagan antes do 31 de maio. Ademais, os clientes que teñan contratada algunha tarifa plana móbil en Vodafone (voz ou voz+datos, agás a tarifa @XS), disfrutarán para sempre dun desconto do 25% despois do período de promoción (11,25 €/mes).

Malia ser este un bo paso para a compañía vermella, o certo é que a competencia está chea de ofertas moito mellores na cantidade de datos en prezo. Quizáis a perda de clientes ( -3.392 no mes de xaneiro) estea a facerlles refelxionar

lunes, 14 de marzo de 2011

Vodafone elimina a cota de alta e a permanencia no seu ADSL nas contratacións online



Parece que as operadoras teñen claro que é en Internet onde se xogan o seu futuro, e froito dilo é a proliferación de ofertas destinadas á contratación en liña.

Vodafone vénse de sumar a esta moda, e nos seus produtos de ADSL vén de eliminar o compromiso de permanencia e a cota de alta, sen que isto supoña que os clientes non poidan desfrutar das promocións e ofertas por contratala.

Neste sentido, no seu Vodafone ADSL Máxima Velocidad (até 20 Mbps) disfrutarase de 6 meses a 4,90 €/mes, e a partires dese momento pasarase a pagar 24,90 €/mes, que se suman aos 15 €/mes de liña.

Por outra banda, no Vodafone ADSL (6 Mbps) pagarase 4,90 €/mes durante 6 meses e logo 19,90 €/mes, aos que tamén hai sumar os 15 €/mes de liña.