Mostrando entradas con la etiqueta 4g. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4g. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Movistar xa ten 4G (en probas)

O 4G xa está aquí: varias empresas de Madrid e Barcelona xa están a probar a conexión 4G de Movistar cunha tarifa chamada Internet 45, que ofrece datos a máxima velocidade (até 100 Mbps, pero actualmente con 30 Mbps) até 10 GB con redución a 128 Kbps (imos ter esta redución con redes 4G? Un tanto WTF, non credes?) ao superar esa cota por un prezo final de 53,1 €/mes.

A rede LTE de Movistar está despregada por Alcatel-Lucent e emprégase o módem USB Huawei E398u-1 para dotar de conexión aos portátiles.

martes, 13 de septiembre de 2011

O módem USB K5005 é o escollido por Vodafone para as probas de LTE (4G)


O 4G está cada vez máis preto de ser unha realidade. É por iso que Vodafone vén de anunciar que empregará o módem USB K5005 fabricado por Huawei para realizar as probas precomerciais de oferta de LTE.

Trátase, como a maioría dos módems usb, dun aparello autoinstalábel que tan só precisará ser conectado a un porto usb dun computador para comezar a empregalo. Conta ademais cunha ranura na que se pode introducir unha tarxeta microSD para poder empregalo tamén como lector deste tipo de tarxetas.

As probas piloto de 4G faranse no centro de Madrid (Azca e Salamanca), na Fira de Barcelona e no Parque Empresarial de Málaga, cun total de 30 clientes en probas.