Mostrando entradas con la etiqueta ofertas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ofertas. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de octubre de 2011

Aforra un chisco máis co Bono Amigo de MÁSmovil


Non estamos acostumados a que os operadores móbiles virtuais teñan bonos e produtos avanzados (agás os que están vencellados ás operadoras de cable), pois xa contan con prezos por minuto bastante competitivos.

Sen embargo MÁSmovil vén de cambiar as tornas presentando o Bono Amigo, que permite falar con outro MÁSmovil 100 minutos mensuais por unha cota de 5 € (2,50 € durante os 3 primeiros meses). Cun cálculo rápido veredes que o minuto sae a 0,05 € (0,025 durante a promo). Isto pode non parecer moito aforro tendo en conta que dispoñen de tarifas a 3 céntimos o minuto, pero si que o é porque o bono xa inclúe os establecementos de chamada (15 céntimos por chamada).

miércoles, 5 de octubre de 2011

Internet móbil de balde con Yoigo se te portas sen terminal (só en outubro)


Yoigo quere premiar aos clientes que se porten á compañía sen vencellar os seus contratos á adquisición dun terminal. Por iso, aquelas altas que se fagan dende o pasado día 3 e até o 31 de outubro terán para sempre 500 MB de Internet de balde, sempre e cando contraten a tarifa do 6.

Isto supón un aforro de 8 €/mes, que é o que custa o Bono 8 promocionado e que inclúe 500 MB a máxima velocidade con redución a 64 kbps ao acadar esa cota de datos.

lunes, 12 de septiembre de 2011

Internet fixo máis barato con Movistar tendo móbil con eles


Co fin de reter clientes de ADSL, Movistar vén de facer unha rebaixa importante no prezo do mesmo a aqueles clientes que teñan tamén a telefonía móbil con eles.

Así, reducirase o prezo mensual de 40,90 a 24,90 €. Esta oferta é válida tanto para portabilidades como para clientes actuais. Poderase activar até o 30 de setembro, malia que terá caracter vitalicio para quen o faga.

lunes, 8 de agosto de 2011

Yoigo promociona os MMS poñéndoos a metade de prezo durante agosto


Seguramente a meirande parte de vós non usedes nunca ou case nunca os mensaxes multimedia, un servizo que resultou ser un fracaso total por culpa das propias operadoras, que sempre mantiveron prezos arredor dos 0,60 €, algo realmente desorbitado.

Co  auxe dos smartphones o envío de MMS debeu caer en picado, porque se podes enviar as túas fotos de balde por correo electrónico (incluído na túa cota fixa de Inernet), para que pagar máis?

Sen embargo, Yoigo vén de poñer en marcha unha promoción pola cal as mensaxes multimedia enviadas a outros Yoigo sairán á metade de prezo, 0,15 €, durante o mes de agosto. A promoción aplícase automaticamente, non tedes que facer nada a maiores.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Vodafone regálache 50 € para gastar no que ti queiras por atraer amigos á compañía


Vodafone ten en marcha unha promoción pola cal aqueles clientes que conviden a outros amigos a unirse á compañía e que se fagan de contrato con permanencia de 18 meses recibirán na súa casa unha tarxeta Visa con 50 € para gastar onde se queira (e acepten Visa, of course).

Ademais os amigos referenciados recibirán un desconto adicional de 20 € para adquirir calquera terminal do catálogo.

Para poder facer efectiva esta promoción os actuais clientes deben solicitar un código que será o que teña que dar o novo cliente á hora de darse de alta. Con este método pódense atraer até un total de 3 amigos.

viernes, 22 de julio de 2011

MÁSmovil: en verán, internet máis barato


MÁSmovil oferta para este verán o seu Internet móbil con rebaixas nas tarifas de navegación de 1 GB e nas de navegar e falar.

Así, quen contrate antes do 31 de xullo poderá gozar até setembro (incluído) por 8,90 € da tarifa de 1 GB, que custa habitualmente 14,90 €. A partires de ter acadado o volume máximo de datos tarifícanse os MB extra a 3 céntimos/MB.

Doutra banda, a tarifa total pasa a non ter cota durante os meses de verán (xullo, agosto e setembro), tamén para altas até o 31 de xullo. Esta tarifa adoita ter unha cota de 6,90 €/mes e inclúe 500 MB de datos e chamadas a 3 céntimos.

Se xa non quedan disculpas para estar conectados este verán...

martes, 19 de julio de 2011

Yoigo ofrece Internet de balde durante o verán


Yoigo ofrece este verán unha solución de conexión en mobilidade, ofrencendo 500 MB/mes de balde que unha vez acabados reducen a velocidade até os 64 Kbps.

Iso si, esta promoción está dispoñíbel para navegar durante 2 meses gratuitamente e con USB de regalo. Iso si, pasados os dous meses de promoción hai que cumplir 16 meses de permanencia, pagando 8 €/mes.

Vía

jueves, 14 de julio de 2011

60 minutos de balde a calquera móbil por pasarte á factura electrónica de R


Certo é que a telefonía fixa non é capaz de sorprendernos con promocións e ofertas máis aló de ter ou non tarifas planas ou incluír nestas ou non as chamadas a móbiles.

R sorprendeu dende os seus inicios, cando non había tarifas planas, ofertando chamadas de balde entre os fixos da compañía. Tempo despois, co auxe das tarifas planas a fixos de calquera compañía adaptaríase ao mercado. Mais R voveu innovar no seu momento incluíndo chamadas a móbiles dentro da tarifa plana do fixo, que se ben o modelo foi modificado a posteriori, o certo é que continúa sendo un reclamo importante para os clientes (e un bo aforro).

Até o de agora, os clientes de calquera combo (directo e indirecto) disfrutaban de 300 minutos ao mes en chamadas a móbilR, mesmo sen establecemento de chamada. Ademais, os combo2 e comboR dispuñan doutros 300 minutos adicionais para chamar a outras compañías.

Pero agora, os clientes que se pasen á tarifa electrónica recibirán un bonus de 60 minutos en chamadas de balde a móbiles decalquera operador (tamén, sen establecemento de chamada). Así, os combos que non dispuñan de chamadas a móbiles non R, disfrutarán de 60 minutos extra, mentres que os que tiñan 300 minutos de antes pasarán a ter 360.

Esta promoción é indefinida, pódese disfrutar sempre e cando se teña a factura electrónica activada. Ademais, dicir que aos clientes que xa dispuñan desta nova facturación se lles aplicará o cambio automaticamente.

martes, 12 de julio de 2011

Saldo extra con Yoigo por recargar (até o 14 de xullo)


Os clientes de Yoigo que efectúen recargas até o 14 de xullo, de calquera xeito, recibirán gratuitamente saldo extra. Concretamente, recibirán as seguintes cantidades:

  • Por 20 €, 5 € de agasallo.
  • Por 30 €, 10 € de agasallo.
  • Por 50 €, 20 € de agasallo.

miércoles, 6 de julio de 2011

Chamadas e sms a 4 céntimos nas fins de semana con Carrefour Móvil


Carrefour vén de lanzar unha promoción para o verán co que poderemos gozar do 50% de desconto nas chamadas e mensaxes durante as fins de semana, polo que o prezo de chamadas e sms quedan a 4 céntimos, un prezo realmente competitivo.

Pero o mellor de todo é que esta promoción está dispoñíbel tanto para cartón prepago como para contrato.

lunes, 30 de mayo de 2011

Movistar rebaixa o prezo do ADSL 10 megas para frear a sangría de clientes


Movistar vén de anunciar unha nova promoción orientada ao seu ADSL de 10 megas, pola cal rebaixa o prezo até os 20,20 €/mes até o mes de novembro, cando volverá a custar 26,90 €/mes.

A maior compañía de telecomunicacións do Estado vese forzada a aplicar este tipo de ofertas e promocións para frear a sangría de clientes que está a ter froito das ofertas dos operadores alternativos, algo que para os usuarios sempre é unha boa nova.

martes, 3 de mayo de 2011

Novos bonos para conectarse no extranxeiro da man de Movistar


Parece que pouco a pouco as operadoras vanse decatando que conectarse no extranxeiro é un atraco, e que esa dependencia dos smartphones que nos crean aquí non a podemos levar a cabo nas nosas viaxes.

Vodafone, no seu día, decidiu engadir certos megas de balde nas súas tarifas de datos e agora Movistar ofrece bonos cos que nos sairá algo máis barato conectarnos. Bon, algo máis baratos ca sin eles, porque os prezos non son demasiado apetecíbeis.

En concreto, ofértanse 3 produtos. Vexamos como son:
  • Bono Internet Europa Mini. Con 5 € de alta e 15 €/mes ofrece 50 MB/mes de navegación na chamada Zona 1. Chegado o límite tarifícase a 1 €/MB adicional.
  • Bono Internet Europa Maxi. Neste caso, a alta é de 10 € e por 50 €/mes (si, 50, non nos trabucamos), ofrece 200 MB/mes para Zona 1, cobrando tamén os excesos a 1 €/MB adicional.
  • Bono Internet Mundial. Este bono comparte co Europa Maxi a cota de alta, que tamén é de 10 €, e o prezo, 50 €/mes, inda que incluíndo 50 MB.
Non sei a vós, pero a min estes prezos parécenme un abuso, tendo en conta que estamos a falar dun operador que presume de ser "global".

viernes, 8 de abril de 2011

Nova promo de Movistar: sms a metade de prezo durante 2 meses por 2 € de alta


Movistar vén de pór en marcha unha campaña para revitalizar o sms, sistema que está a perder tirón debido á gran presenza de smartphones e tarifas de datos.

Así, os clientes poden activar unha promoción pola cal pagarán 2 € de alta (+ IVE) e poderán enviar sms a calquera destino á metade de prezo, iso si, só de 17.00 a 00.00h durante a semana e as 24 horas os sábados e domingos.

A promoción actívase chamando ao 1200.

miércoles, 6 de abril de 2011

Orange e o seu ADSL a 2,95 € durante 6 meses (até o 8 de abril!)


Xa temos falado de que as compañías tenden cada vez máis a ofrecer servizos do cuádriple Play (teléfono fixo + internet + tv + móbil), é dicir, recoller todos os nosos servizos de comunicacións e agrupalos nunha única factura.

Por iso, para promocionar o seu ADSL, Orange vén de lanzar unha oferta moi competitiva para os seus clientes de móbil: Internet a 20 Mbps por 2,95 €/mes durante 6 meses (13,95 €/mes a partir da promo), aos que tamén hai que incluír o prezo da liña (14 €).

Pero temos que puntualizar, xa que non basta con ser cliente de móbil Orange. Débese ter contratada unha destas tarifas: León 25, 30 ou 49; Panda 22 ou 26; Delfín 32, 42, 59, 79,

Iso si, a contratación deste produto implica unha permanencia de 12 meses.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Movistar promociona Internet móbil para reter clientes


Movistar vén de lanzar unha oferta que estará vixente até o 31 de marzo pola cal os clientes que contraten por primeira vez Internet móbil pagarán 7 €/mes durante 6 meses, momento no que pasará a custar 10 €/mes.

Iso si, a oferta é bastante pírrica, pois só se ofrecen 100 MB de datos a máxima velocidade, cantidade moi escasa para o consumo dun smartphone habitual. A partires de ter consumido todos os datos incluídos na tarifa, a velocidade baixará a 64 kbps.

Pódese activar esta promoción chamando ao 1200 dende calquera número Movistar.

lunes, 21 de marzo de 2011

R promociona a súa opción de móbil co Nokia X3 a 0 € #mobilR


Despois de promocionar en febreiro un androide de Samsung, a operadora galega R ofrece este mes de marzo outro terminal por 0 €, o Nokia X3, prezo que leva asociada a sinatura dunha permanencia de 18 meses cun consumo mímimo de 6 € mensuais.

Trátase dun terminal que combina teclado físico con pantalla táctil. Ten tecnoloxía 3G, conectividade WiFi e cámara de 5 megapíxeles. Ademais, ten a opción de idioma galego.

Podemos atopar máis información na web de R ou na páxina promocional.




sábado, 19 de marzo de 2011

Simyo regala 500 minutos a novas altas até o 30 de marzo


Simyo promociona os seus servizos cunha interesante oferta para este mes de marzo: até 500 minutos de balde a calquera destino para portabilidades.

No caso de altas en contrato, os 500 minutos repartiranse en bloques de 100 minutos durante os 5 cliclos de facturación seguintes á alta, comezando no primeiro mes seguinte . Estes minutos non son acumulábeis (é dicir, se non os gastamos no mes asignado, perderémolos.

Para cartón prepagamento a oferta rebáixase a 200 minutos distribuídos en bloques de 40.

En calquera dos casos, a oferta é válida para todas as tarifas e non se inclúe o establecemento de chamadas