viernes, 16 de diciembre de 2011

R e Yoigo, os mellores valorados en Internet fixo e móbil respectivamente

Un ano máis, a OCU vén de facer públicos os datos da súa enquisa de satisfacción dos usuarios coas súas operadoras, un dos estudos máis exhaustivos e que mellor toman o pulso á situación dos servizos de telecomunicación no noso país e no que se valora a calidade do acceso, da atención ao cliente e, como non, os prezos.

Os resultados demostran que en Internet fixo é un servizo imprescindíbel para a maioría dos enquisados e que os que teñen contratada algunha opción de cable (un 20%) están máis satisfeitos que os que usan ADSL ou as súas variantes.

Entre as diferentes opcións, R é o mellor valorado, seguido de preto por Telecable (cableiro de Asturias) e xa máis distanciado por Jazztel. A cuarta posición deste ranking é para Euskaltel (cableiro de Euskadi), seguido de Ono.

As grandes operadoras teñen peores valoracións que as levan até o máis baixo do top ten, situándose Orange como o oitavo, Movistar como o noveno e Vodafone pechando a listaxe no décimo posto. Este último recibe moitas críticas pola súa atención ao cliente, servizo técnico e relación calidade-prezo.

No que ten a ver coas conexións de datos no móbil destaca Yoigo, aínda que dentro dunha mediocridade xeral. Segundo a xente participante no estudo esta compañía ten unha velocidade de conexión superior e boas notas en atención ao cliente, cobertura e relación calidade-prezo.

Seguen a Yoigo, por esta orde de "ben valorados", Orange, Vodafone e Movistar. A enquisa non recolle outras compañías por ter menos de 30 respostas, o que empobrecía a mostra.

Líderes en prezo

É triste, pero é así: en España non se teñen as mellores conexións de Europa, nin de lonxe, pero si que se teñen as máis caras. De feito, o estudo recolle que se triplican os prezos con respecto aos nosos veciños de Portugal ou Italia. Case nada...

Mostra

A enquisa foi elaborada entre febreiro e abril de 2011 e participaron 5848 socios da OCU, persoas que teñen contratados un ou varios servizos de Internet e pasan unha media de 18 horas/semana conectados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario