Mostrando entradas con la etiqueta bankinter móvil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bankinter móvil. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de mayo de 2011

Móvil Directo, a aposta de Bankinter aberta a todo o mundo


Bankinter Móvil vén de cambiar a súa estratexia comercial abríndose a todo o mundo (até o de agora só era contratábel polos propios clientes da entidade bancaria).

Dispón de dúas tarifas en función das necesidades dos clientes:
  • Tarifa Play: chamadas e mensaxes a 10 céntimos/minuto, sen consumo mínimo. Ademais as chamadas a outro número de compañía son de balde durante os 10 primeiros minutos de cada chamada. Regalan 50 MB por cada 10 € de consumo o mes anterior.
  • Tarifa Forward: por 26 €/mes ofrece 250 minutos a outros Móvil Directo, 250 a outros operadores e 250 MB de datos. As sms neste caso son a 15 céntimos.

Ademais, veñen de abrir unha nova web, www.movildirecto.es, dende a que os novos clientes poderán darse de alta e xestionar os seus consumos e outros servizos como o buzón de voz.

jueves, 21 de abril de 2011

Bankinter Móvil únese á moda de regalar datos


Bankinter Móvil vén de sumarte ás iniciativas doutros operadores de agasallar datos por ter contratos con consumo mínimo.

Así, coa Tarifa 26 (que inclúe por 26 €/mes 250 minutos en chamadas), os clientes poden disfrutar de 250 MB de datos gratis para navegar; no caso de acadarse esta cifra, reducirase a velocidade a 64 Kbps.

Doutra banda, coa Tarifa 10 (sen consumo mínimo, chamadas e sms a 0,10 €/min ou sms) regálanse 50 MB no mes seguinte cando o consumo sexa de 10 €. Por cada 5 € de consumo adicional regalaranse 25 MB máis, até un máximo de 250 MB. Iso si, neste caso, de superar o límite establecido, haberá que pagar o consumo (0,14 €/100 KB).