Mostrando entradas con la etiqueta cmt. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cmt. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de septiembre de 2011

O meu móbil é 7... chega a evolución da numeración móbil


Xa se leva falando dende hai algún tempo da nova numeración de telefonía móbil. Non quere dicir isto que vaian mudar os nosos números de móbil actuais, senón que os novos poderán comezar por 7, debido a que se prevé que a serie do 6 remate dentro de non moito tempo.

Así, a partires de mañá, ao dar de alta unha nova liña pode que xa comece por 7, concretamente por 71, 72, 73 ou 74. E é que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións repartiu entre os operadores 500.000 números en bloques de 100.000.

Nun primeiro momento Movistar dispón dos que comezan por 7170, Vodafone por 7171, Orange 7477 e 7478 e Yoigo os de 7227, aínda que coas altas cifras de portabilidades deste país axiña será imposíbel serguirlles a pista.

martes, 20 de septiembre de 2011

Cambios no Servizo Universal

O Servizo Universal vén de sufrir unha serie de cambios, que se publican hoxe no BOE, e que abren a porta a que calquera operador poida solicitar ser o proveedor do Servizo Universal, xa sexa a nível estatal ou autonómicos.

Entre os cambios figuran os que detallamos a continuación:

  • Elimínase o número de consulta de abonado 11818 como Servizo Universal. "Calquera", pode, en libre competencia, montar unha empresa de información telefónica.
  • Redúcese o ratio de cabinas telefónicas obrigatorias: pásase de 1 por cada 1000 habitantes a 1 por cada 500.
  • Establécese a banda "larga" universal, que non debe ter unha velocidade inferior a 1Mbps.
  • As guías de abonado poderanse ofrecer de xeito dixital (xa non é obrigatorio que nos envíen a guía, aínda que sempre poderemos pedir o noso exemplar en papel).

viernes, 16 de septiembre de 2011

O reparto do espectro de telefonía móbil despois da última adxudicación

Así quedou o reparto do espectro de telefonía móbil en España despois da última adxudicación do Ministerio de Industria



miércoles, 15 de junio de 2011

Vodafone: multada por problemas coas portabilidades

A operadora Vodafone foi sancionada pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) ao cometer unha infración moi grave no tratamento das portabilidades.

Así, os clientes da compañía vermella que solicitaban a portabilidade dos seus números a outras operadoras sufrían retrasos por mor da non aplicación das modificacións do procedemento de cambio de número entre compañías. Isto, segundo a CMT, desembocou en que as compañías receptoras dos números tiveron problemas que afectaron á súa propia imaxe cando non tiñan culpa.

A contía da multa ascende a 250.000 euros, bastante reducida se temos en conta que se partía dunha proposta inicial de 500.000. Isto débese a que a CMT entendeu que estas eivas non foron coa intención de reter clientes, feito que se se constatase faría o problema moito máis grave e, polo tanto, máis sancionábel.

lunes, 4 de abril de 2011

A evolución das liñas de telecomunicación en febreiro, segundo a CMT

Unha vez feitos públicos, pasamos a analizar a evolución das liñas de telecomunicación cos datos de febreiro.

Liñas fixas

Coas cifras de xaneiro xa constatábamos un retroceso nas liñas fixas, que seguen baixando no mes de febreiro. En termos globais, perdéronse 12.641 liñas (no ámbito profesional perdéronse 19.432 liñas, mentres que no ámbito residencial ganáronse 6.791).

Con estes datos, o parque de liñas fixas sitúase en 19.729.926.

En canto a portabilidades, rexistráronse 176.248, cifra que supón un incremento do 16,3% con respecto ao mesmo mes do ano anterior.


Telefonía móbil

A telefonía móbil sufriu un freazo no mes de febreiro, no que se perderon 41.892 liñas, debido ao intenso descenso en cartón prepagamento (-212.171 liñas), inda que as modalidades de contrato seguen en crecemento (+162.555 liñas).

Con estes datos, o número total de liñas de móbil é de 55.013.626.

448.996 números mudaron de operador (portabilidade). Neste sentido, Movistar perdeu 42.623 clientes, seguida de Vodafone que deixou marchar 21.087. Yoigo segue sendo a operadora que máis clientes recibe, con 35.867, seguida de Orange, que gaña 18.866 novos clientes e dos OMVs que reciben 8.977 novas altas.

O mercado da telefonía móbil repártese deste xeito:



Banda larga fixa

A banda larga fixa segue crecendo con 50.318 altas novas, distribuídas polos 34.106 novos clientes de tecnoloxías xDSL, 12.269 de cable e 3.943 de FTTH, polo que xa son 10.735.491 os fogares con acceso a Internet a través de alta velocidade.

O máis destacado destes datos é que Movistar, por primeira vez, perde clientes neste ámbito a favor dos operadores alternativos.

Evolución da banda larga
Dende logo, algo está cambiando: non somos fieis aos nosos operadores, xa non o éramos no caso da telefonía móbil, pero agora tampouco na fixa e Internet.

Pero tamén que os grandes operadores, sobre todo Movistar e Vodafone, están a sufrir unha sangría de clientes, debido en gran parte aos prezos abusivos que manteñen, malia telos reducido coa chegada dos OMV.

Mudarán estes datos o seu xeito de ver o mercado?

martes, 22 de marzo de 2011

Evolución das liñas de telecomunicación en xaneiro, segundo a CMT

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) vén de facer pública hai uns días a nota mensual de xaneiro, na que se analiza o estado do mercado español.

Vexamos os datos.

Liñas fixas

Xaneiro botou o peche con 19.722.069 liñas de telefonía fixa activas, 23.903 menos ca o mes anterior, o que segue a constatar a tendencia da sociedade pola eliminación das liñas fixas e a aposta pola telefonía móbil. Malia todo, destaca que esta baixada é debido á redución das liñas en negocios, que perden 50.246, mentres que as liñas residenciais aumentan en 26.343.

En canto a portabilidades, un total de 183.673 liñas cambiaron de operador, o que supón un crecemento do 51,6 respecto ao mesmo mes do ano anterior. Estes datos confirman que cada vez somos menos reaccios a cambiar de operador tamén no fixo, algo no que éramos máis conservadores.

Telefonía móbil

O da telefonía móbil é un mercado moito máis dinámico. En xaneiro foron dadas de alta 205.858 novas liñas móbiles, sen incluír nestas cifras as vencelladas a servizos que tamén empregan tarxetas SIM, como os M2M (Machine To Machine).

Destas novas liñas, 73.181 son de cartón prepagamento, 96.303 de contrato e 36.374 de datacards (liñas só de datos, como as dos módems USB).

Con estas cifras, en España temos hoxe 55.055.518 liñas móbiles, repartidas en 20.159.115 de cartón prepagamento, 31.541.966 de contrato e 3.354.437 de datacards. Se sumamos a estas cifras as 2.235.443 liñas de M2M, o parque total é de 57.290.961 liñas.

En canto á cota de mercado, temos a seguinte 'torta'.

En canto a portabilidades, un total de 488.720 de números cambiaron de operador, o que representa un crecemento do 26,7 por cento respecto ao mes de xaneiro do 2010.

Movistar é a gran perdedora deste mes de xaneiro, xa que a diferenza entre número importados (ganados) e exportados (perdidos) dálle un saldo de -59.441 liñas. Vodafone perde clientes, con 3.392 liñas menos. No outro lado da balanza está Orange, que gaña 11.146 liñas, Yoigo, que gaña 45.732 e o conxunto dos OMV, cun saldo positivo de 5955 liñas.

Banda larga

En canto á banda larga, tamén continúa o aumento de liñas, con 63.319 novas altas. Así, a banda larga fixa conta con 10.685.173 clientes.

Por tecnoloxías de acceso, 8.652.349 liñas corresponde a xDSL (5.569.477 de Movistar e 3.082.872 do resto de operadores), 1.970.727 a operadores a cable módem (R, Ono, Telecable, Euskatel), e 62.097 a FTTH.

A cota do mercado de banda larga repártese do seguinte xeito:

Fonte: CMT

martes, 8 de marzo de 2011

As portabilidades nun día, camiño de facerse realidade

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións vén de anunciar no seu blogue como vai ser a adaptación da lexislación europea ao territorio español no que ten a ver coas portabilidades.

Como saberedes, o proceso de portabilidade consiste na posibilidade de cambiar de compañía sen perder o número de teléfono. Sen embargo, para moita xente virá vencellado ás ameazas ou amagos ás operadoras para conseguir novos terminais ou ofertas mellores coas contraofertas que adoitan ofrecer dende as compañías para reter clientes.

Quizáis o máis destacado da normativa que se estuda sexa o cambio na duración do proceso, que pasará de 5 días hábiles a 1 día laborábel, inda que se manterá o horario no que se realiza, a chamada fiestra de cambio, que ten lugar entre as 02:00 e as 06:00h.

Esta normativa contará con 3 horarios clave no proceso:
  • Día 1, 11.00h - É a hora límite para cancelar unha portabilidade.
  • Día 1, 15.00h - É a hora límite para que os operadores se dean por enterados do cambio (e é entre as 11.00 e as 15.00h cando se comproba se houbo cancelación da portabilidade ou non).
  • Día 2, 02:00h - Iníase a fiestra de cambio.
Con este novo sistema de portabilidade parece que mellorará a experiencia dos clientes que queiran mudar de compañía rapidamente, pero plantexa algunhas dúbidas: será a fin das contraofertas? será máis libre o consumidor de elixir compañía? chegarán a tempo os novos dispositivos ou tarxetas SIM para non quedarnos sen liña?

Fonte: Blog CMT