R segue premiando aos clientes de móbilR. Se non hai moito anunciaban o desconto directo de 6 € no combo ao ter contratado calquer plan de móbil con Internet, agora introducen unha rebaixa do 20% na cota de móbil contratada para aqueles clientes que non teñan ningún tipo de permanencia por ter adquirido un terminal.
É dicir, se te cambiaches a móbilR sen coller un móbil ou se colleches móbil pero xa remataches o período de permanencia, tes dereito a este desconto. Será efectivo até que collamos outro terminal, momento no que se pasará a cobrar de novo a cota íntegra.
Comezará a aplicarse a partires do 1 de marzo e para activalo é preciso chamar ao 1449.
Hai uns cantos anos Vodafone lanzou unha campaña co lema Lembras? no que facía fincapé en como nos cambiou a vida coa telefonía móbil. Se esa campaña se volvera facer hoxe en día o "lembras" sería un Lembras cando pagamas 40 pesetas por minuto?
Desde a chegada das OMV os prezos da telefonía móbil e dos datos móbiles reducíronse drásticamente, chegando a apenas 3 céntimos por minuto en moitos casos e tarifas de pouco máis de 10 € por 1 GB de datos móbiles.
Se pensabamos que esta guerra estaba para rematar estabamos trabucados, xa que hoxe Tuenti vén de poñer patas para arriba o mercado español co lanzamento dos seus novos produtos móbiles.
Para comezar cambia o seu nome comercial, que pasa de ser Tu a ser Tuenti Móvil, un movemento na liña de identificar dun xeito claro a marca de móbil coa rede social matriz da compañía telefónica low cost. Iso si, segue usando a rede móbil de Movistar, empresa á que maioritariamente pertence Tuenti.
Pero onde realmente está a revolución é nas súas novas tarifas e na integración coa rede social. En canto ás tarifas, a oferta segue sendo de cartón prepago sen consumo mínimo ou contrato de permanencia.
O prezo das chamadas pasa a ser de 3 céntimos/minuto, con 15 de establecemento de chamada, chamemos a quen chamemos e á hora que chamemos. Se ademais queremos navegar por Internet poderemos disfruar de 1 GB por 6 €/mes ou 3 GB por 15 €/mes, ou o que é o mesmo, a mellor tarifa até o de agora en Internet móbil no noso país.
Doutra banda, a integración coa rede social pasa a ser tal que poderemos chamar aos nosos amigos da rede que tamén teñan Tuenti Móvil sen necesidade de ter intercambiado os números de teléfono, é dicir, polo nome.
R vén de anunciar interesantes novidades no que ten a ver co seu servizo de telefonía móbil, que serán aplicábeis desde o primeiro de marzo.
Así, todas as tarifas de datos verán dobrada a cantidade incluída, sen aumentar o prezo. É dicir, se por exemplo se ten contratada unha tarifa con 250 MB incluídos pasarase a ter 500 MB; unha vez consumidos, non se cobrará nada a maiores, senón que se reducirá a velocidade, como até o de agora.
Isto afecta a todas as tarifas agás á de 3 GB, que en vez de dobrar a súa capacidade pasa a 5 GB.
Pero ademais os cambios tamén chegan ás tarifas planas que inclúen voz e sms. Así, todas as tarifas planas dobran o número de sms incluídos e baixan os prezos dos excesos (os minutos ou sms que se consuman fóra do incluído na tarifa plana).
Deste xeito, o exceso de minutos pasa a valer 8 cént/min + IVE fronte os 19 que costaban antes e os sms cobraranse agora a 9 cént/sms + IVE fronte os 15 cént/sms que se usaba.
Con estes cambios R afiánzase como alternativa ao grande reinado dos operadores tradicionais con tarifas inferiores e mantendo a subvención de terminais.
Se es cliente de cartón prepago de Yoigo temos unha boa nova para ti. Por recargar antes do 29 de xaneiro 20 € recibirás 4 € extra e se recargas máis de 30 € o saldo extra será de 8 €.
As recargas teñen que ser feitas dunha sóa vez (non vale 10 + 10) e só se fai a promoción unha vez.