martes, 8 de marzo de 2011

As portabilidades nun día, camiño de facerse realidade

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións vén de anunciar no seu blogue como vai ser a adaptación da lexislación europea ao territorio español no que ten a ver coas portabilidades.

Como saberedes, o proceso de portabilidade consiste na posibilidade de cambiar de compañía sen perder o número de teléfono. Sen embargo, para moita xente virá vencellado ás ameazas ou amagos ás operadoras para conseguir novos terminais ou ofertas mellores coas contraofertas que adoitan ofrecer dende as compañías para reter clientes.

Quizáis o máis destacado da normativa que se estuda sexa o cambio na duración do proceso, que pasará de 5 días hábiles a 1 día laborábel, inda que se manterá o horario no que se realiza, a chamada fiestra de cambio, que ten lugar entre as 02:00 e as 06:00h.

Esta normativa contará con 3 horarios clave no proceso:
  • Día 1, 11.00h - É a hora límite para cancelar unha portabilidade.
  • Día 1, 15.00h - É a hora límite para que os operadores se dean por enterados do cambio (e é entre as 11.00 e as 15.00h cando se comproba se houbo cancelación da portabilidade ou non).
  • Día 2, 02:00h - Iníase a fiestra de cambio.
Con este novo sistema de portabilidade parece que mellorará a experiencia dos clientes que queiran mudar de compañía rapidamente, pero plantexa algunhas dúbidas: será a fin das contraofertas? será máis libre o consumidor de elixir compañía? chegarán a tempo os novos dispositivos ou tarxetas SIM para non quedarnos sen liña?

Fonte: Blog CMT

No hay comentarios:

Publicar un comentario