lunes, 4 de abril de 2011

A evolución das liñas de telecomunicación en febreiro, segundo a CMT

Unha vez feitos públicos, pasamos a analizar a evolución das liñas de telecomunicación cos datos de febreiro.

Liñas fixas

Coas cifras de xaneiro xa constatábamos un retroceso nas liñas fixas, que seguen baixando no mes de febreiro. En termos globais, perdéronse 12.641 liñas (no ámbito profesional perdéronse 19.432 liñas, mentres que no ámbito residencial ganáronse 6.791).

Con estes datos, o parque de liñas fixas sitúase en 19.729.926.

En canto a portabilidades, rexistráronse 176.248, cifra que supón un incremento do 16,3% con respecto ao mesmo mes do ano anterior.


Telefonía móbil

A telefonía móbil sufriu un freazo no mes de febreiro, no que se perderon 41.892 liñas, debido ao intenso descenso en cartón prepagamento (-212.171 liñas), inda que as modalidades de contrato seguen en crecemento (+162.555 liñas).

Con estes datos, o número total de liñas de móbil é de 55.013.626.

448.996 números mudaron de operador (portabilidade). Neste sentido, Movistar perdeu 42.623 clientes, seguida de Vodafone que deixou marchar 21.087. Yoigo segue sendo a operadora que máis clientes recibe, con 35.867, seguida de Orange, que gaña 18.866 novos clientes e dos OMVs que reciben 8.977 novas altas.

O mercado da telefonía móbil repártese deste xeito:



Banda larga fixa

A banda larga fixa segue crecendo con 50.318 altas novas, distribuídas polos 34.106 novos clientes de tecnoloxías xDSL, 12.269 de cable e 3.943 de FTTH, polo que xa son 10.735.491 os fogares con acceso a Internet a través de alta velocidade.

O máis destacado destes datos é que Movistar, por primeira vez, perde clientes neste ámbito a favor dos operadores alternativos.

Evolución da banda larga
Dende logo, algo está cambiando: non somos fieis aos nosos operadores, xa non o éramos no caso da telefonía móbil, pero agora tampouco na fixa e Internet.

Pero tamén que os grandes operadores, sobre todo Movistar e Vodafone, están a sufrir unha sangría de clientes, debido en gran parte aos prezos abusivos que manteñen, malia telos reducido coa chegada dos OMV.

Mudarán estes datos o seu xeito de ver o mercado?

No hay comentarios:

Publicar un comentario