martes, 22 de marzo de 2011

Evolución das liñas de telecomunicación en xaneiro, segundo a CMT

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) vén de facer pública hai uns días a nota mensual de xaneiro, na que se analiza o estado do mercado español.

Vexamos os datos.

Liñas fixas

Xaneiro botou o peche con 19.722.069 liñas de telefonía fixa activas, 23.903 menos ca o mes anterior, o que segue a constatar a tendencia da sociedade pola eliminación das liñas fixas e a aposta pola telefonía móbil. Malia todo, destaca que esta baixada é debido á redución das liñas en negocios, que perden 50.246, mentres que as liñas residenciais aumentan en 26.343.

En canto a portabilidades, un total de 183.673 liñas cambiaron de operador, o que supón un crecemento do 51,6 respecto ao mesmo mes do ano anterior. Estes datos confirman que cada vez somos menos reaccios a cambiar de operador tamén no fixo, algo no que éramos máis conservadores.

Telefonía móbil

O da telefonía móbil é un mercado moito máis dinámico. En xaneiro foron dadas de alta 205.858 novas liñas móbiles, sen incluír nestas cifras as vencelladas a servizos que tamén empregan tarxetas SIM, como os M2M (Machine To Machine).

Destas novas liñas, 73.181 son de cartón prepagamento, 96.303 de contrato e 36.374 de datacards (liñas só de datos, como as dos módems USB).

Con estas cifras, en España temos hoxe 55.055.518 liñas móbiles, repartidas en 20.159.115 de cartón prepagamento, 31.541.966 de contrato e 3.354.437 de datacards. Se sumamos a estas cifras as 2.235.443 liñas de M2M, o parque total é de 57.290.961 liñas.

En canto á cota de mercado, temos a seguinte 'torta'.

En canto a portabilidades, un total de 488.720 de números cambiaron de operador, o que representa un crecemento do 26,7 por cento respecto ao mes de xaneiro do 2010.

Movistar é a gran perdedora deste mes de xaneiro, xa que a diferenza entre número importados (ganados) e exportados (perdidos) dálle un saldo de -59.441 liñas. Vodafone perde clientes, con 3.392 liñas menos. No outro lado da balanza está Orange, que gaña 11.146 liñas, Yoigo, que gaña 45.732 e o conxunto dos OMV, cun saldo positivo de 5955 liñas.

Banda larga

En canto á banda larga, tamén continúa o aumento de liñas, con 63.319 novas altas. Así, a banda larga fixa conta con 10.685.173 clientes.

Por tecnoloxías de acceso, 8.652.349 liñas corresponde a xDSL (5.569.477 de Movistar e 3.082.872 do resto de operadores), 1.970.727 a operadores a cable módem (R, Ono, Telecable, Euskatel), e 62.097 a FTTH.

A cota do mercado de banda larga repártese do seguinte xeito:

Fonte: CMT

No hay comentarios:

Publicar un comentario