domingo, 6 de marzo de 2011

MÁSmovil presenta a súa 'Tarifa Total'

O operador amarelo, MÁSmovil, vén de sumarse á dinamitación das tarifas de baixo custo cunha oferta que vai dar moito que falar: chamadas en calquer horario a 3 céntimos/minuto, mensaxes sms a 8 céntimos e 500 MB de navegación por 6,90 €/mes (sempre considerando o IVE aparte).

Esta nova tarifa pódenna contratar tanto novos clientes coma os que xa formaban parte de MÁSmovil, e só está dispoñíbel na modalidade de contrato.

Os 500 MB son a máxima velocidade (7,2 Mbps, sempre que a rede o permita) e se se supera ese límite comézase a cobrar a 3 cént/MB adicional, pero non se reduce a velocidade.

A tarifa conta, iso si, cun consumo mínimo de 7 €/mes. Cómpre lembrar, así mesmo, que MÁSmovil emprega a cobertura de Orange.

No hay comentarios:

Publicar un comentario