martes, 17 de mayo de 2011

Café só ou con leite?


Os nomes das tarifas de móbil deberan ser obxecto de estudo... as últimas con nome curioso chegan da man da operadora MÁSmovil en colaboración co portal Movilonia.com.

Trátase de dúas novas tarifas, Café solo e Café con leche, caracterizadas como seguen:
  • Café solo: por 17,9 €/mes (sen IVE), permite falar 200 minutos ao mes con calquera operador estatal e sen ter que pagar as chamadas a parte. Inclúe ademais 30 MB de Internet móbil, que certamente non é moito.
  • Café con leche ofrécenos a cambio de 23,90 € (sen IVE) os mesmos 200 minutos de voz, pero acompañados de 500 MB de datos, polo que podemos considerala unha tarifa plana móbil de prezo bastante competitivo.
Os excesos de minutos cómbranse a 5 céntimos/minutos e cun establecemento de chamada de 15 céntimos, mentres que os "megas" adicionais saen a 3 céntimos/Mb. Doutra banda, os sms saen a 8 céntimos.

Estas tarifas son contratábeis até o próximo 10 de xullo, así que se vos interesan, apurade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario