lunes, 11 de abril de 2011

MÁSmovil engade novos produtos... e tamén o consumo mínimo

Como se soe dicir por aí, os clientes de MÁSmovil teñen unhas cantas novas, algunhas boas e outras malas. Cales queredes saber antes?

Comezaremos polas boas.
  • Os clientes do seu produto Prepago Clásico verán reducido o seu plan de prezos, que pasará de 10 cént/min e 10 cént/sms a 8 cént/min e 8 cént/sms.
  • Os que queiran disfrutar de Internet no móbil poderán contratar 2 novos bonos, un de 150 MB/mes por 3 €/mes e outro de 500/MB mes por 8 €/mes, que sen dúbida serán alternativas interesantes para clientes, sobre todo o novidoso do bono dos 150 MB/mes, pensado para aqueles clientes que usan Internet de xeito moderado.
Na balanza das malas novas, a inclusión do consumo mínimo, cambio que non afecta aos antigos clientes. Estes consumos serán de 4 € na tarifa dos 8 cént/min e de 7 € na dos 5 cént/min, que dende a operadora consideran razonábeis en comparación con outros operadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario