lunes, 2 de mayo de 2011

R lanza unha nova tarifa de móbil e descataloga outras 3 #mobilR

A operadora galega R vén de facer cambios importantes nas súas tarifas de móbil, co descatalogado de 3 tarifas e a chegada dunha nova como alternativa.

En concreto, as tarifas descatalogadas son a Tarde, a Flexible a a Mini, que seguirán vixentes para aqueles clientes que as teñan na actualidade.

A alternativa é a Tarifa Única, que ofrece chamadas a 8 cént/min a todos os destinos estatais e a 0 cént/min entre os números da mesma conta, cun establecemento de chamada de 15 cént. Pola súa banda, as mensaxes seguirán cos prezos vixentes.

Esta tarifa é compatíbel coa subvención de terminais a prezos que van dende 0 €, se ben é certo que o consumo mínimo vese incrementado até os 9 €.

Ademais, con esta tarifa o módulo R con R (gratuíto por promoción indefinida nas tarifas Tarde e Flexible) non é gratuíto, algo que xa acontecía na Tarifa Mini. Este módulo permite falar con outros números R por 3 cént/min (lembremos, dentro da nosa conta só se paga o establecemento de chamada), inda que pagando unha cota mensual de 3 €/mes.

2 comentarios:

  1. Desaparecen catro tarifas, tamén a comercial: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/tarifa_%C3%BAnica_m%C3%B3bil

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polo apuntamento Denébola, mais a nova fíxose tendo en conta as tarifas para particulares http://particulares.mundo-r.com/R/descatalogadas/1/1303124201455/gl

    Efectivamente, descatalogáronse 4, tamén a Comercial, unha tarifa orientada a empresas

    ResponderEliminar