martes, 3 de mayo de 2011

Novos bonos para conectarse no extranxeiro da man de Movistar


Parece que pouco a pouco as operadoras vanse decatando que conectarse no extranxeiro é un atraco, e que esa dependencia dos smartphones que nos crean aquí non a podemos levar a cabo nas nosas viaxes.

Vodafone, no seu día, decidiu engadir certos megas de balde nas súas tarifas de datos e agora Movistar ofrece bonos cos que nos sairá algo máis barato conectarnos. Bon, algo máis baratos ca sin eles, porque os prezos non son demasiado apetecíbeis.

En concreto, ofértanse 3 produtos. Vexamos como son:
  • Bono Internet Europa Mini. Con 5 € de alta e 15 €/mes ofrece 50 MB/mes de navegación na chamada Zona 1. Chegado o límite tarifícase a 1 €/MB adicional.
  • Bono Internet Europa Maxi. Neste caso, a alta é de 10 € e por 50 €/mes (si, 50, non nos trabucamos), ofrece 200 MB/mes para Zona 1, cobrando tamén os excesos a 1 €/MB adicional.
  • Bono Internet Mundial. Este bono comparte co Europa Maxi a cota de alta, que tamén é de 10 €, e o prezo, 50 €/mes, inda que incluíndo 50 MB.
Non sei a vós, pero a min estes prezos parécenme un abuso, tendo en conta que estamos a falar dun operador que presume de ser "global".

No hay comentarios:

Publicar un comentario