martes, 12 de abril de 2011

Vodafone apúntase ao 'low cost' e presenta unha tarifa con chamadas a 8 céntimos en cartón prepago

Vodafone vén de presentar a nova tarifa XS8, grazas á cal os seus clientes de cartón prepago poderán chamar por 8 céntimos/minuto e enviar sms por tamén 8 céntimos, a calquera destino sen ter que pagar cotas de alta nin mensuais.

Iso si, para poder desfrutar desta tarifa deberán facer unha recarga de, cando menos, 10 €. A partires do momento da recarga terá esa tarifa do 8 durante os seguintes 30 días. No caso de non facer a recarga, ou se esta é inferior a 10 euros, a tarifa será de 15 céntimos/minuto.

Na modalidade de contrato, a tarifa ten vencellado un consumo mínimo de 8 €/mes.




Tarifa XS8 + datos en prepago

Os clientes de cartón prepago que desexen - alén de falar a un prezo axustado - conectarse a Internet dende os seus terminais, poderán activar a Tarifa Plana de Internet Ilimitada que por 3,5 €/semana ofrece 20 MB/día a máxima velocidade.

Terminais

Ademais, para promocionar esta nova tarifa, Vodafone vén de lanzar novos packs de terminais prepagamento, como o Nokia 2720, o Sony Ericsson Spiro e o Samsung C3050 por 39 €.

1 comentario:

  1. É moi caro, sae mas a prezo, falar en conversa directa, sin cortes, nin ruidiños, nin nada. Un cafeiño polo medio e moito mellor

    ResponderEliminar