miércoles, 13 de abril de 2011

R (@quecheparece) mellora as súas tarifas mini+Internet a partires do 20 de abril


A operadora galega R está a informar aos seus clientes das novidades que terán as súas tarifas mini+Internet, que até o de agora inclúen navegación ilimitada (250 MB ou 1 GB a máxima velocidade, dependendo da tarifa), chamadas a 6 cént/min e sms a 9 cént/min a calquera destino.

Segundo estes avisos, a partires do 20 de abril, data de comezo do ciclo de facturación, estas tarifas incluirán chamadas a 0 cént/min a móbiles ou fixos dentro da mesma conta R (até 60 min/chamada, sen limite de chamadas). Nas chamadas ao resto de números o prezo por minuto redúcese até os 4 cént/min.

Esta tarifa permite ademáis a subvención de terminais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario