viernes, 29 de abril de 2011

Euskaltel: Datos móbiles de balde por ter contratado Internet fixo


A operadora vasca de fibra óptica, Euskaltel, vén de anunciar unha promoción permanente para aqueles clientes que teñan contratada banda larga fixa e telefonía móbil, que consistirá en agasallar con 100 MB mensuais de datos móbiles para navegar dende os smartphones.

Unha vez superado o límite de tráfico reducirase a velocidade a 128 kbps de baixada e 64 kbps de suba, inda que se poderán contratar novos bloques de 100 MB a alta velocidade por 3 €/mes.

O servizo actívase no teléfono 1717.

Este movemento non é novo para as operadoras. A galega R tamén ofrece descontos en Internet móbil a aqueles clientes que teñan contratada algunha opción de banda larga fixa, mentres que Movistar rebaixa un 25% a factura do móbil aos seus clientes de ADSL. Pola súa banda Orange e Vodafone dispoñen de prezos reducidos no ADSL aos seus clientes de móbil.

E é que a converxencia de servizos fixo-móbil total está cada vez máis preto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario