jueves, 28 de abril de 2011

A COGAMI, Vodafone e Traballo colaboran para potenciar a inserción laboral das persoas con discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Fundación Vodafone e a Consellaría de Traballo e Benestar veñen de anovar o convenio de colaboración do Programa Vodafone para a Inserción Laboral das Persoas con Discapacidade en Galicia, que contribúe a fomentar o acceso ao emprego do colectivo de persoas con discapacidade e con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

Dito programa vai dirixido a un grupo dun total de 130 persoas, 66 homes e 64 mulleres, dos cales 59 son do rural e 71 das áreas urbanas de A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Ourense, Santiago e Lugo. 67 destes usuarios teñen unha discapacidade física, 22 laboral, 2 intelectual, 12 sensorial, 1 enfermidade mental e 26 mixta.

De esquerda a dereita: José Luis Ripoll, Presidente da Fundación Vodafone España, Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar, Anxo Queiroga, Presidente da COGAMI e Coro Piñeiro, Directora Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal.
O equipo de traballo está formado por 7 técnicos de inserción e unha psicóloga que leva a cabo un proceso que procura que as e os participantes atopen un traballo axeitado ás súas características o antes posíbel. As accións postas en marcha para acadar estes obxetivos son:
  • A avaliación inicial das habilidades para a buca de emprego dos participantes.
  • Deseño dun itinerario personalizado que incluíu formación para a busca de emprego, intermediación laboral, círculos de emprego, étc.
  • Visitas ás empresas da zona e xestións de ofertas de emprego a través do Servizo de Intermediación Laboral da COGAMI.
  • Realización de prácticas de empresas como paso previo á súa futura inserción laboral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario