martes, 8 de marzo de 2011

Vodafone responde a Movistar e lanza a 'Línea Libre'


Uns días despois de que Movistar ofrecese Segunda Línea, Vodafone crea Línea Libre, un servizo que permite contratar un segundo número de teléfono, para un uso puntual, sen precisar nin unha tarxeta SIM nin un terminal a maiores. As chamadas e as mensaxes deste segundo número serán desviadas automaticamente ao número principal e aparecerán na pantalla co prefixo #31#; iso si, non se permite facer chamadas nin enviar mensaxes a través da Línea Libre. 

O custo será de 0,50€ (IVE non incluído) á semana e, tanto para darse de alta, como para darse de baixa, chega con empregar o seguinte código USSD: *212*1# + chamar. Despois de mandar o código, recibirás no teu terminal unha SMS confirmando a túa alta, e vale tanto para clientes de cartón prepagamento como tarxeta.

Sorprende que Vodafone presente un este servizo como resposta ao anunciado compromiso de Movistar e  FonYou (servizo do que xa falamos en Mallando no Android), cando as súas condicións son máis caras e máis restrictivas, xa que Movistar non cobra polo servizo e permite tamén realizar chamadas co segundo número.

Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario