martes, 8 de marzo de 2011

Vodafone estrea páxina web


Vodafone vén de pór un marcha un redeseño da súa web, www.vodafone.es, co que pretende facer máis sinxela a experiencia de usuario na procura da información que desexa.

Para comezar, o acceso ao espazo persoal de Vodafone, Mi Vodafone, sitúase na marxe superior dereita da páxina, polo que será moito máis doado identificarse. Unha vez feito isto, amosarase a información máis destacada no mesmo sitio, así como tamén acceso á totalidade dos datos que se podena atopar na sección.

Pero ademáis reestruráronse todos os contidos, reducindo as seccións para facilitar o acceso á información, complementados con menús despregábeis.

Neste enlace, podedes ver nuns vídeos os cambios realizados. Parécevos axeitada a nova distribución? Gústavos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario