lunes, 7 de marzo de 2011

Os animais chegan ás tarifas de cartón prepago de Orange



Orange vén de anunciar o lanzamento de novas tarifas destinadas ao colectivo de clientes de cartón prepagamento, pensadas para dar resposta a aquelas persoas que non queren ter un contrato telefónico pero que non por iso teñen que renunciar a disfrutar dun smartphone.

Delfín

A tarifa Delfín está pensada para aquelas persoas que accedan a Internet con regularidade. Por 3,50 € semanais poderase acceder a Internet de xeito ilimitado (con redución da velocidade a 128 Kbps despois de 50 MB), 50 sms semanais gratuítos e chamads a 0,09 €/min a calquera destino en calquera horario. Se nunha semana non se contrata, os minutos pasan a custar 24 céntimos e Internet 1 € por 10 MB

León

Pola súa banda, León recolle o espírito das tarifas planas móbiles. Con ela poderase chamar até un máximo de 100 minutos por 7 € semanais. Conta ademáis con outra limitación: máximo 75 números diferentes. Superados calquera dos límites as chamadas cóbranse a 24 céntimos/minuto.

Ardilla

Finalmente, coa tarifa Ardilla permitirase aos clientes gozar de prezos competitivos: 9 céntimos/minuto a calquera hora, coa única condición de facer unha recarga mensual. No caso de que nalgún mes non se realice a recarga, cobraranse 24 céntimos/minuto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario