viernes, 11 de marzo de 2011

Orange Esencial, pensando naquela xente con máis dificultades


Nun mundo no que a tecnoloxía avanza a pasos axigantados, parece que falar de móbiles sinxelos é dar un paso cara atrás. Mais se pensamos nosos maiores, debemos facelo en termos de facilidade e accesibilidade.

Xa temos falado neste blogue de este tipo de terminais, a gama de Esperia, pero hoxe traémosvos outro novo da man de Orange: a liña Esencial, pensada para facer do feito de chamar un xesto doado e intuitivo. 

Incorporan o típico destes terminais: pantallas con bo contraste, teclas grandes e botón de emerxencia programábel (que chamará a familiares ou ao 112). Pero sen dúbida, a novidade máis destacada é que poderemos atopar estes terminais exclusivamente en farmacias. Venderanse por 39 € con 12 € en chamadas.

Vía Orange

No hay comentarios:

Publicar un comentario