viernes, 11 de marzo de 2011

Movistar, Vodafone e Orange anuncian plans específicos para o iPad 2


As tres grandes operadoras anunciaron hoxe as súas intencións de contar con plans de datos específicos para o iPad 2, concretamente para a versión WiFi + 3G, inda que sen avanzar en que consistirán nin se mudarán moito sobre os presentes.

O iPad 2 é o novo produto de Apple, mellorando aspectos sobre o primeiro: é máis delgado, máis lixeiro e máis rápido, mantendo, iso si, unha autonomía de 10 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario