jueves, 10 de marzo de 2011

Existen tarifas sen establecemento de chamada?

Imaxe Pablo Requeijo, El Mundo
Ao falar de telefonía móbil, o máis normal é que aos prezos por minuto que nos anuncian as operadoras haxa que sumarlles dous condicionantes: o establecemento de chamada e o IVE.

O establecemento de chamada adoita estar entre os 12 e os 21 céntimos en todas as operadoras, e é unha cota fixa que se cobra en cada chamada polo establecemento da conexión. Isto encarece notabelmente as nosas chamadas, posto que se temos conversas rápidas (15 segundos) notarémolo na factura.

Existen compañías que non cobran o establecemento de chamada? Si, pero só en certas tarifas. Entre elas están Pepehone e Eroski

Pepephone e a tarifa Movilonia.com VIP. 

Trátase dunha tarifa pensada para chamadas curtas, pero que tampouco perxudica demasiado a aquelas que se alongan. O prezo por minuto é algo superior ao que nos ten acostumados esta operadora que usa a rede de Vodafone, concretamente 0,12 €/min, que baixan a 6 despois de 3:30 de chamada. A cambio, non cobra o establecemento de chamada, polo que falamos 20 segundos pagaremos 0,04 € (sen IVE). Esta tarifa só está dispoñíbel na modalidade de contrato, sen consumo mínimo. As sms custan 0,09 €.

Resumindo (prezos sen IVE )
  • Modalidade: CONTRATO
  • Consumo mínimo: 0 €
  • Prezo por minuto: 0,12 €, 0,06 € a partires dos 3:30
  • Establecemento: 0 €
  • SMS: 0,09 €
Eroski Móvil e 'Tarjeta SIN' e 'Contrato SIN'

Eroski tamén dispón de tarifas nas que non cobra o establecemento de chamada, inda que o prezo por minuto sube aos 0,15 €. Iso si, esta tarifa está dispoñíbel tanto na modalidade de contrato como de tarxeta.

Resumindo:
  • Modalidade: CONTRATO/PREPAGO
  • Consumo mínimo: 0 €
  • Prezo por minuto: 0,15 €
  • Establecemento: 0 €
  • SMS: 0,10 € (contrato), 0,12 € (prepago)
Se é que moitas veces pagamos de máis porque queremos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario