martes, 6 de septiembre de 2011

Vodafone mellora a cobertura de voz e datos en Galicia


Vodafone vén de anunciar un importante esforzo na mellora da cobertura de voz e datos móbiles en Galicia, que verán os seus froitos a partires do 9 de setembro, cando se activen novas estacións base.

Esta nova infraestrutura achega acceso a poboacións de menos de 1000 habitantes que ficaban sen cobertura e, así mesmo, refórzase o acceso en zonas de estradas e na costa, levando telefonía móbil a lugares nos que non había cobertura. Ademais, reforzouse notabelmente a cobertura 3G e HSPA+ nos lugares nos que existe un maior volume de poboación.

Nesta primeira fase do proxecto de mellora da rede vense afectados máis de 300 núcleos de poboación do rural, moitos deles que xa contaban con cobertura de Vodafone 2G. Ademais, e en pararelo con estas actuacións, Vodafone está a mudar equipos e instalacións para adaptalos á futura instalación de LTE (4G).

Os clientes de móbilR e outros OMV's tamén notarán melloras

Os clientes de móbilR tamén notarán estas melloras porque a operadora de cable galega emprega a rede de Vodafone nos seus servizos móbiles, ao igual que outros operadores móbiles virtuais como Pepephone.

Promoción de benvida especial para clientes rurais.

Co obxetivo de captar clientes das novas zonas de cobertura, Vodafone ofrece unha promoción de benvida para os novos clientes, que inclúe descontos en factura e terminais. Para poder facerse con estas promocións é preciso chamar ao 607.100.100 indicando a oferta Plan Rural Vodafone ou achegarse a unha tenda autorizada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario