jueves, 23 de junio de 2011

R lanza nova tarifa de datos: Internet Diario #mobilR


R vén de lanzar unha nova tarifa de datos para aqueles usuarios que fan un uso ocasional e que non lles compensa ter contratada unha tarifa mensual para conexións esporádicas. Chámase Internet Diario.

Por 1 € (IVE á parte) poderémonos conectar durante todo o día cantas veces queiramos (dende as 00:00 ás 23:59h), até un máximo de 100 MB/día. Unha vez acadado o volume total de datos redúcese a velocidade a 64 Kbps, que aínda que non dá para moito, para consultar o correo e Twitter no móbil chega.

A tarificación, como dixemos antes, é diaria: se un día te conectas pagas, se non, non. Ademais, cómpre sinalar que esta tarifa ten un límite mensual de 1 GB de datos consumidos (sumando todas as conexións).

Pero hai un último factor que fai que este plan sexa aínda máis interesante e é que non só é válido para conectarnos dende o noso móbil senón que tamén o podemos asociar a unha tarxeta SIM de datos de uso ocasional, sen que teñamos consumos asociados a ela. É dicir, se un mes non conectamos, non pagaremos nada nesa tarxeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario