martes, 14 de junio de 2011

SIM mundo, chamadas ao extranxeiro por 1 céntimo (con Orange)


Se adoitas chamar ao estranxeiro interesarache saber que agora poderalo facer aforrando cartos da man de Orange. E é que a operadora laranxa vén de lanzar a tarxeta SIM mundo, unha opción dirixida a aquelas persoas que chaman fóra e non queren ter un contrato.

Por 1 céntimo/minuto poderase chamar a países como Rumanía, Polonia, Marrocos, Colombia, Perú, México ou China, entre outros, mentres que as chamadas dentro do territorio españaol son a 7 céntimos/minuto.

Hai que ter en conta que as chamadas internacionais teñe un establecemento de chamada de 25 céntimos, no canto dos 15 céntimos habituais das chamadas nacionais.

3 comentarios:

  1. Unha ligazón onde mirar os paises cos que se pode usar? Gracias :)

    ResponderEliminar
  2. Velahí tes: http://movil.orange.es/tarjeta-mundo/

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Ok, gracias ;)

    As chamadas desde 0'01 €/min son a fixos, a móbiles xa cambia a cousa. Inda así os prezos están ben.

    Tamén é interesante saber que só é para portabilidade, novos prepagos e prepago Orange. Eu, con contrato Orange, tería que coller outro número.

    ResponderEliminar