miércoles, 18 de mayo de 2011

Orange leva 100 megas simétricos aos nosos veciños asturianos

Os nosos veciños asturianos xa poden contratar 100 megas simétricos para voar pola rede grazas á comercialización dos novos produtos de fibra que ofrece Orange tras o acordo ao que chegou a operadora laranxa con GIT, Gestión de Infraestructuras de Telecomunicaciones del Principado de Asturias, unha empresa 100% pública encargada da xestión dunha rede de fibra pública e neutra.

A oferta de Orange, dispoñíbel en máis de 52.000 fogares distribuídos en 46 poboacións, consistirá no triple play, é dicir, teléfono, internet e televisión. Ofertaranse 100 Mb, 60 canles de televisión e teléfono por 30,95 €/mes aos que hai que sumar 14 €/mes de cota de liña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario