domingo, 6 de marzo de 2011

Por que unha Malla das Telecos?

O mundo das operadoras de telecomunicacións pode chegar a ser denso. Invádenos un océano de tarifas, contratos de permanencia, ofertas, condicións e letras pequenas... en fin, cousas que no canto de facilitarnos a vida conseguen todo o contrario: liarnos a cabeza.

Se a iso sumamos a gran cantidade de operadoras entre as que elixir, sobre todo na telefonía móbil, a cousa parece ter pouca solución...

Por iso, dende Mallando crimos necesaria a creación dun blogue específico no que analizar tarifas e ofertas no referido a operadoras de telecomunicación e, como non podía ser doutro xeito, cun estilo diferencial: en galego e con claridade.

Animámosvos pois a seguirnos nesta andaina e que participedes cos vosos comentarios ou calquera outra aportación que consideredes!

1 comentario: