miércoles, 25 de mayo de 2011

Móvil Directo, a aposta de Bankinter aberta a todo o mundo


Bankinter Móvil vén de cambiar a súa estratexia comercial abríndose a todo o mundo (até o de agora só era contratábel polos propios clientes da entidade bancaria).

Dispón de dúas tarifas en función das necesidades dos clientes:
  • Tarifa Play: chamadas e mensaxes a 10 céntimos/minuto, sen consumo mínimo. Ademais as chamadas a outro número de compañía son de balde durante os 10 primeiros minutos de cada chamada. Regalan 50 MB por cada 10 € de consumo o mes anterior.
  • Tarifa Forward: por 26 €/mes ofrece 250 minutos a outros Móvil Directo, 250 a outros operadores e 250 MB de datos. As sms neste caso son a 15 céntimos.

Ademais, veñen de abrir unha nova web, www.movildirecto.es, dende a que os novos clientes poderán darse de alta e xestionar os seus consumos e outros servizos como o buzón de voz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario