viernes, 25 de marzo de 2011

As opcións de servizo indirecto (ADSL) de R @quecheparece


Hoxe en día por todos é sabido que R comercializa Internet por fibra óptica, con opcións que o fan único, como os sonados 30 e 100 Mbps. Pero a rede de R non chega a todos os recunchos de Galiza, e aló onde non o fai pero si que existe cobertura de ADSL, ofrece opcións de conexión menos coñecidas: son os combos+.

Os combos+ son un abano de produtos de acceso indirecto (xa sabedes, eses nos que un operador que non ten rede alúgalla a outro que si ten para poder operar), a través dos que ofrece velocidades que van dende 1 até 20 Mbps de baixada.

Diferénzanse un total de 6 produtos, o combo+, a secas, e o combo+ con até 5 opcións de Internet.
  • Combo+. É o produto máis básico, que inclúe por 25 €/mes (sen IVE) tarifa plana a fixos estatais (máximo 120 min/chamada) e 300 min/mes en chamadas a móbiles R.
  • Combo+ X Mbps. Estes combos inclúen, ademáis do anterior, unha opción de Internet de X Mbps. Estas posíbeis opcións son 1 Mbps (43 €/mes), 3 Mbps (48 €/mes), 6 Mbps (50 €/mes), 10 Mbps (52 €/mes) e 20 Mbps (54 €/mes). Todos os prezos sen IVE.
As opcións de Internet inclúen tarifa plana as 24 horas sen límite de descarga, router WiFi, instalación e mantemento a domicilio, 5 buzóns de correo de 1 GB e blogs R, entre outros.

Promocións

Actualmente, os combos+ con algún produto de Internet están a 35 €/mes durante 12 meses, e os servizos de seguridade R e mantemento avanzado sen custe durante 3 meses.

Cobertura e contratación

Pódese consultar a cobertura do servizo e contratar a través desta ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario