lunes, 9 de enero de 2012

Simyo e Pepephone melloran as súas tarifas de datos

Co tema do Nadal, Simyo aproveitou para mellorar o Internet móbil que ofrece na súas tarifas de 3 e 5 céntimos/minuto.


A Tarifa 3, que ten unha cota de 6,95 €/mes pasa a incluír 650 MB fronte os 500 que incluía até o de agora. As chamadas seguen a ser a 3 cént/min e os sms a 9 cént/sms, que se tarifica por riba dos 6,95 €.

Por outra banda, a Tarifa 5 pasa de 300 a 555 MB. Esta tarifa non dispón de cota esual, pero si de consumo mínimo de 6,99 €. Isto significa que o consumo de voz e sms comezará a tarificarse desde 0 €. Os minutos con esta tarifa saen a 5 cént/min e os sms a 9 cént/sms.


Pola súa banda, e como resposta a este movemento de Simyo, Pepephone tamén fixo cambios aumentando os datos incluídos na súa tarifa Ratoncito y Elefante, que pasa de incluír 501 a 651 MB, 150 MB máis. Esta tarifa ten unha cota de 6,90 €/mes e os minutos saen a 2,7 cént/min.

Lembremos que tanto Simyo como Pepephone son operadores móbiles virtuais. O primeiro funciona baixo a rede de Orange, mentres que o segundo coa de Vodafone.

No hay comentarios:

Publicar un comentario