miércoles, 16 de noviembre de 2011

Banda larga... universal?

Por lei, a partir do 1 de xaneiro de 2012 calquera persoa ten dereito a ter no seu domicilio acceso a Internet de banda larga, cunha velocidade mínima de 1 Mbps. É o que se coñece como banda larga universal, e que ten como operador responsábel a Movistar.

Agora xa se coñecen os prezos e condicións deste servizo mínimo: serán 19,90 € ao mes e poderase navegar a 1 Mbps até acadar os 5 GB de datos. Chegados a esa cantidade reducirase a velocidade a 128 Kbps, algo simbólico, porque na práctica apenas dará para abrir unha páxina.

Poderase contratar se xa se dispón de liña telefónica cunha cota de alta de 38,10 €, mentres que se teñen que instalala ascenderá até os 83,3 €.

Así mesmo, poderase ter Internet con teléfono, saíndo o total mensual por 33,87 € (teléfono + Internet), mentres que se só se quere ter Internet pagaranse 29,90 €/mes

No hay comentarios:

Publicar un comentario