lunes, 3 de octubre de 2011

Ardilla 15, a nova tarifa de Orange


Orange vén de lanzar unha nova tarifa con nome de animal, Ardilla 15, orientada a un público que fai uso moderado de Internet e quere chamas a bo prezo. Así, cun consumo mínimo de 15 € e unha cota de 10 € (que computa para o consumo mínimo, non vai a maiores), teremos:
  • 150 MB para navegación a máxima velocidade (logo redúcese a 128 Kbps).
  • 150 sms a calquera destino.
  • Chamadas a 8 cént/min a calquera destino con establecemento de 15 céntimos.
Esta tarifa é compatíbel con outros módulos de aforro da operadora, como Mi Familia, Tarifa Plana Familia, Bonos SMS, Módulo Internacional e o Módulo Viaja y Habla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario