jueves, 8 de septiembre de 2011

R relanza o Combo Estudantes


Un ano máis R pon en marcha o Combo Estudantes, un produto que como o seu propio nome indica está pensado para que os estudantes galegos poidan disfrutar de conexións a Internet de alta velocidade e cunhas condicións de permanencia e prezo diferentes aos clientes particulares.

Así, por 34,90 €/mes pódese disfrutar dunha conexión de fibra óptica de 10 Mbps e as vantaxes da liña fixa R: chamadas a fixos de balde, 300 minutos a móbiles R e 60 minutos extra ao resto de móbiles se se ten factura electrónica.

Ese prezo ten unha validez dun ano, a partires do cal pasaríase a cobrar 45,90 €/mes. De todos os xeitos o compromiso de permanencia é de 6 meses.

Este combo só se pode contratar até o 31 de outubro.

*Os prezos indicados non inclúen IVE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario