lunes, 1 de agosto de 2011

Tarifa Redonda de Carrefour Móvil. Para quen queira falar e navegar


Moito nos venden ultimamente as mal chamadas tarifas planas, é dicir, tarifas que por unha cota de "equis" euros ofrecen datos e minutos de voz. 

A última operadora en sumarse a este tipo de tarifas foi Carrefour Móvil, que vén de lanzar a tarifa Redonda. Con ela ofrécennos 400 minutos de voz mensuais (válidos para falar a calquera hora do día e sen custos de establecemento de chamada) e 300 MB de navegación (sen límite de cantidade, con baixada de velocidade ao chegar aos 300 MB).

Pola súa banda, os sms custarán 8 céntimos/mensaxe, case a metade do que custan con calquera operador de rede propia. Ademais, superados os 400 minutos de voz poderemos seguir falando a 8 cént/min con establecemento de chamada de 15 céntimos.

Todo ilo cunha cota mensual de 25 €, aos que hai que sumar o IVE. Carrefour Móvil é un OMV que usa a cobertura de Orange.

No hay comentarios:

Publicar un comentario