martes, 26 de julio de 2011

Eroski Móvil xa ten tenda en liña


Dende hai uns días, Eroski Móvil ten operativa a súa tenda en liña dende a cal podemos facernos cunha tarxeta SIM para usar os servizos desta compañía de telefonía móbil.

Ademais, permite levar a cabo o proceso de portabilidade (cambio de operador) dende o mesmo sitio web, podendo elixir entre as modalidades de contrato ou cartón prepago.

No caso de contrato só abonaremos 0,01 € pola tarxeta SIM e 3,5 ou 14 € polo envío, dependendo de se eliximos que nos chegue por Correos ou por Nacex. No caso da tarxeta de cartón prepago teremos que abonar 15 € adicionais en concepto de primeira recarga.

Podedes entrar na tenda nesta ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario