viernes, 8 de julio de 2011

As comunicacións fixas da Xunta de Galicia continúan en R

A operadora galega R vén de resultar novamente adxudicataria das comunicacións fixas da Xunta de Galicia, a quen dará servizo durante os próximos 3 anos nas máis de 3.000 localizacións coas que conta a Administración pública galega.

Con esta nova concesión o aforro será do Goberno galego en comunicacións fixas ascenderá a 7 millóns de euros, fronte outras alternativas. Pero ademais, a concesión servirá para mellorar a rede corporativa da Xunta, cunha inversión prevista de 3,5 millóns de euros que dotará á Administración galega das tecnoloxías máis avanzadas, para ter unha mellor eficiencia e aforro neste tipo de procesos.

Pura fibra

Doutra banda, a infraestrutura de fibra óptica de R fixo posíbel que máis de 90 centros de ensino galegos dispoñan de velocidades de acceso de 100 megas, que 1450 aumentaran significativamente as súas velocidades de conexión e que 270 puideran ter acceso por vez primeira a banda larga.

Cidade da Cultura

Finalmente, o Centro de Proceso de Datos Integral, situado na Cidade da Cultura, tamén se verá afectado polas accións de R, que despregará un dobre anel de fibra óptica para trasladar a el a información dos máis de 80 centros de datos dos que dispón o Goberno galego. Esta nova infraestrutura fará posíbel que o intercambio de datos se faga sen que en ningún momento se interrumpa o servizo nin haxa desconexións entre os distintos centros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario